Cervo, 6 de marzo, 2026. A alcaldesa de Cervo destacou que o Goberno local leva tempo traballando en alternativas para aliviar a carga económica dos usuarios da residencia municipal e das súas familias. A recente liquidación do exercicio orzamentario permite agora incrementar a achega municipal ao centro, o que se traducirá nunha redución do custo das prazas.
O Concello comprométese así a asumir unha parte importante do impacto derivado do incremento de prezos aplicado pola empresa xestora. Grazas aos bos resultados da liquidación orzamentaria, o remanente de tesourería poderá destinarse a reforzar o sostemento deste servizo público esencial.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, subliña que este paso é posible grazas a unha xestión económica “equilibrada e sostible”, e reafirma o seu compromiso de seguir buscando solucións que permitan reducir o custe por usuario. A medida formalizarase no pleno municipal da próxima semana.
García Caramés lembrou que a semana pasada mantivo unha reunión coas familias para explicarlles que estaba a estudar vías para abaratar as prazas, aínda que o Concello está sometido a un plan económico-financeiro durante dous anos. “Cinco días despois temos unha solución enriba da mesa. Agradezo a paciencia dos usuarios e das súas familias”, afirmou.
Falta de apoio doutras administracións
A rexedora lamentou tamén o silencio da Deputación de Lugo, á que solicitou colaboración para facer fronte ao incremento de custos, sen obter resposta. Criticou que a institución provincial anunciase que asumirá o 100% dos custos doutras residencias da provincia, mentres non concreta apoio para Cervo.
Do mesmo xeito, reprochou a actitude dos grupos da oposición —socialistas e nacionalistas— aos que acusa de tentar converter o novo contrato da residencia nun conflito partidista, en lugar de sumar na procura de solucións. Tamén censurou que o BNG fale de “opacidade” cando se trata dunha licitación publicada durante meses nos portais oficiais de contratación.
A pesar das críticas, García Caramés insiste en que o Goberno local seguirá centrado en dar resposta ás demandas da veciñanza e en manter a política social como un dos piares da xestión municipal.




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.