O acto achegará o público ao traballo de produción de videoclips de Grande Amore, Sabela Ramil, Xoán Fórneas e Fillas de Cassandra, nomeados aos galardóns
Lugo, 7 de marzo de 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e produción dos videoclips finalistas ao XXIV Premios Mestre Mateo nunha proxección coloquio que se celebrará o xoves -12 de marzo, ás 20.15 horas- no Pazo de San Marcos en Lugo.
O acto contará coa participación de Fran Fórneas e Sergio Marey, responsable do deseño de vestiario, do videoclip de “Ferido” de O Xoán; de Sara Faro e María Pérez, Fillas de Cassandra, nomeadas polo videoclip de “Hibernarse”; de Sabela Ramil e Paula Pereira, directora do videoclip “Non cho podo dar” e de Nuno García Pico e Xaime Miranda, director do videoclip de “Ontes fun moi malo” de Grande Amore. Conducirá e moderará o coloquio Laura Lamontagne, que tamén actuará durante o acto.
A actividade amplía a programación organizada nas últimas semanas pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da celebración en Lugo da XXIV Premios Mestre Mateo, que se entregarán por primeira vez en Lugo o vindeiro 21 de marzo.
A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “entendemos o apoio á celebración dos Mestre Mateo en Lugo como unha oportunidade para visibilizar o traballo dos e das profesionais das comarcas de Lugo no eido audiovisual e proxectalas como referentes próximos para as persoas que se están formando ou iniciando agora nel. A maioria dos videoclips finalistas nesta edición son proxectos visiblemente ligados as comarcas de Lugo tanto polos artistas e equipos audiovisuais e as localizacións polo que reflicten ben o potencial que hai en todo o territorio e lanzan unha mensaxe moi potente sobre a necesidade de atender e apoiar a creación artística é cultural que se fai fóra dos circuítos convencionais”
A entrada ao acto é gratuíta e libre ate completar a capacidade do Salon de Actos do Pazo de San Marcos.
SINOPSES E FICHAS TÉCNICAS DOS VIDEOCLIPS FINALISTAS
FERIDO – O XOÁN
Sinopse
Tras unha ruptura amorosa, O Xoán esperta ferido e só nunha praia. Dende alí, os recordos fragmentados da relación comezan a perseguilo nun espazo liminal da memoria, onde todo se descompón e se disolve. Afundido entre lembranzas e visións, o mundo real e o interior confúndense ata levalo cara a un bosque simbólico: un lugar de tránsito e sanación. Alí, unha comunidade de seres tamén feridos acólleo nun aquelarre festivo e curativo. Cada un entregan ao rito o seu corazón ferido —o butelo—, símbolo do corazón arrincado e da ferida curada. Nese ritual, o butelo convértese nun corazón común: un lume novo que une, que cura e que celebra a beleza de seguir existindo.
Ficha técnica
Dirección: Irene Montes
Guión: Xoán Fórneas
Composición Musical: Xoán Fórneas
Produción Musical: Pau Corea e Xoán Fórneas
Enxeñeiro de Son: Eloy Vidal
Produción executiva: Fran Fórneas
Dirección de produción: Xoán Fórneas, Irene Montes
Xefe de produción: Manuel Expósito
Coordinadora de produción: Reyes Penelas
Dirección de fotografía: Pivot García
Axudante de cámara: Antón Maceira
Dirección de arte: Tania Villamarín
Axudante de arte: Reyes Penelas
Xefe de vestiario: Sergio Marey
Xefa de maquillaxe: Chicha Blanco
Foto fixa: Sabela Eiriz
Making of: Jonathan Mera
Reparto: Xoán Fórneas, José Agra, Isabel Garrido, Josefa López, Andrés Vázquez, Hugo Buide, Consuelo Lamela, Luk Pérez, Eva Legaspi, Alba López, Raquel Legaspi, Ana Belén Veiga, Dorinda Legaspi, Alfonso Legaspi, María Fernández, Miguel Carballo, Sara González, Paula Seoane, Sergio Marey
Montaxe: Irene Montes
HIBERNARSE-O VIDEOFILME (FILLAS DE CASSANDRA)
Sinopse
Fillas de Cassandra presenta Hibernarse, o seu novo proxecto multiformato. En Hibernarse o dúo vigués aborda, desde diferentes prismas, a construción social do concepto do tempo a través de distintas disciplinas artísticas: un álbum, un videofilme, un fanzine, unha colección de xoias e outra de bolsos, e unha serie de sesións en directo en formato íntimo en centros de arte contemporánea conforman este universo Hibernarse é o resultado dun proceso de maduración musical e discursiva fiado devagar por María SOA e Sara Faro que pon o foco sobre a pausa necesaria que esixen os procesos creativos e artesanais. O videofilme, dirixido por Santi Iglesias, Sergio ‘Steel’ e as propias Fillas de Cassandra, relata e visibiliza todas as cuestións sobre as que reflexiona o grupo en Hibernarse.
Ficha técnica
Idea orixinal: Fillas de Cassandra
Dirección: Santi Iglesias, Sergio “Steel”, Fillas de Cassandra
Operador de cámara: Jacobo Areal
Dirección de produción: Elvira Zapata
Auxiliar de produción: Guadalupe Martínez San Juan “Lupe”, José Manuel Valeije “Chuchi”
Dirección de fotografía: Santi Iglesias, Sergio “Steel”
Edición de cor: Mario Lorente
VFX: Pablo Reche
Gaffer: Alan Grey
Foquista: Pablo Tuche
Foto fixa e making of: Cristina Padín
Dirección de arte, escenografía e estilismo: Lara Caeiro
Equipo de arte: Sara Casanova, Sergio Barba, Jose Manuel Valeije “Chuchi”, Guadalupe Martínez San Juan “Lupe”
Equipo de estilismo: Olaya Rodríguez, Sergio Barba
Maquillaxe: Sandra Montero
Perruquería: Noemi Solla
Prendas de deseño: Lidia Agra, Elísabet Millán, Coconutscankill, Tomás Álvarez
Arte de cristal: Toda frágil
Eléctrico: Eloy Krook
Colaboracións: Adrián Méndez en “quebrantarse”, Caamaño & Ameixeiras en “arderse”
Actores “quebrantarse”: Pedro Galocha, Brais Ferpo
Operarios: Gloria Pérez, Sergio Peteira, Telma Pazo, María Estévez, Aron Ferreiro, Daniel
Pérez, Edis Gómez, Lucía Oliván, Lucía Iglesias, Patricia Davila, Anzo Giráldez, Jessica
Caosa, Natalia Faro, Vanesa Deibe, Mercedes Lubiáns, Alfonso Faro, Ignacio Lubiáns,
Manuel Costas, María Jesús Lubiáns, Xela López, Rosa María López, Natalia Feijoo, Silvia Durán, Berta Calero
Produción musical: Mumbai Moon, Greta Ch’aska, Fillas de Cassandra
Mestura e master: Brian Hernández
Discográfica: Altafonte Spain
Editora: Boa Música Europe
Management: Tremendo Audiovisual
NON CHO PODO DAR – SABELA E MARÍA ESCARMIENTO
Sinopse
Na peza que acompaña ao tema Non cho poño dar podemos ver unha representación visual do sentir da canción, deixando patente esa forma de xulgar da sociedade cando fas algo que se sae do establecido, neste caso a referencia do tema é a amar fóra das normas impostas pola sociedade. Para iso, xogan co mito da Maruxaina e acoden á referencia das sereas para representar a esas mulleres libres, temidas e xulgadas por ser diferentes. Por outro lado, no videoclip tamén hai referencias a Maruja Mallo, representadas en imaxes como a de Sabela cuberta de algas na praia, facendo alusión ao retrato icónico da pintora surrealista na que se pode apreciar a súa figura recuberta de algas.
Ficha técnica
Main Artist: Sabela e María Escarmiento
Dirección: Paula Pereira
Axudante de dirección, montaxe e VFX: Emma Orio
Dirección de fotografía: Miguel Gomar
Auxiliar de cámara: Dani Iglesias
Dirección de arte: Natalia Silva Villar
Vestiario: Antía Verea
Etalonaxe: Leticia T. Blanco
Gráficos: Paula Pereira
Produción global: Sabela Ramil e Trece Amarillo
Produción executiva: Sabela Ramil e Andrea Pena
Figuración: Margarita Abad, Vera Álvarez, Gerardo Álvarez, María Álvarez, Uxía Álvarez,
Thais Camba, Francisco Javier Camba, Francisco Cao, María Luisa Blanco, Lúa Bianchetti,
Aroa Bianchetti, Emma Bermúdez, Andrea Franco, Aida García, Cristina Guerreiro, Marité
Herbón, Francisco López, María Teresa López, Eva Martínez, Paulo Martínez, Claudia
Muiño, Miguel Ángel Pena, María José Pérez, María Pichín, Iria Rivas, Antonio Rivera, Mari
Carmen Rivera, Thaís Rivera, Marina Rojas, Manuela Salgado, Ari Vázquez
Coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais
Coa Colaboración de Concello de Cervo, Filamento Iluminación, Trece Amarillo e Queimarte
ONTES FUN MOI MALO – GRANDE AMORE
Sinopse
Videoclip en clave de western para o tema Ontes fun moi malo de Grande Amore que forma parte do álbum Grande Amore III.
Ficha técnica
Unha produción de Ernie Records, Nuno Pico e Xaime Miranda.
Dirección: Xaime Miranda
Produción: Marta Caride, Nuno Pico
Director de Fotografía: Arián Quinteiro
Axudante de Dirección: Alejandro Rodríguez
Auxiliar de Dirección: Clara Maseda
Arte: Manuel Miranda, Lucía Freire
Vestiario: Sofía Seijas
Maquillaxe: Maite Señoráns
Wrangler: Xerardo Rodríguez
Axudante de Cámara: Rubén Pérez
Auxiliar de Cámara: Ángel Señoráns
Eléctricos: Alex Koch, Thomas Schwarz
Montaxe: Xaime Miranda
Cor: Ana Alborés
VFX: Antón Miranda



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.


