Ribadeo, 24 de marzo, 2026. Este pasado domingo 22 de marzo, os Benxamíns do Trasnos Hockey Liña Ribadeo sumaron 6 puntos fundamentais na clasificación. A xornada disputouse no Pavillón Municipal de Ribadeo, onde se celebraron un total de 8 partidos da Liga Regular Autonómica.
No primeiro encontro, os Trasnos enfrontáronse ao CPL Brigantium de Arteixo nun partido moi igualado e vibrante, que mantivo á afección en pé ata o final. Os de Illa Pancha acabaron levando a vitoria cun axustado 10-12.
No último partido da xornada, os ribadenses impuxéronse con claridade aos Lóstregos de Lugo cun marcador de 7-3.
Coas dúas vitorias baixo a dirección de Sole, o equipo Benxamín dos Trasnos accede agora aos enfrontamentos da Liga Élite Autonómica, onde loitarán por un posto nos play-off. O seguinte compromiso será na Coruña contra os Morcegos de Ourense.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.

