A Mariña, 30 de marzo de 2026. Recursos de Galicia desprazarase nas próximas semanas aos concellos de Ribadeo e Trabada para ofrecer información e asesoramento sobre os descontos na factura da luz aos fogares afectados polo parque eólico Mondigo.
En Ribadeo, a primeira sesión terá lugar o 1 de abril, de 9:00 a 13:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. O alcalde, Dani Vega, destacou que o estudo realizado no territorio confirma un impacto importante do parque eólico e que a redución prevista do 80% no prezo enerxético supón “un beneficio colectivo” para fogares e empresas de Ribadeo, Trabada e Barreiros. O rexedor lembrou que é necesario achegar as 12 últimas facturas para tramitar a solicitude e avanzou que haberá novas sesións os días 8, 15, 21 e 28 de abril.
En Trabada, o Concello pon en marcha un calendario de atención presencial para facilitar a tramitación das bonificacións. Unha persoa de Recursos de Galicia atenderá na Casa da Cultura nas seguintes datas:
• Luns 30 de marzo, de 9:00 a 13:00 h
• Luns 6 de abril, de 9:00 a 13:00 h
• Luns 13 de abril, de 9:00 a 13:00 h
• Luns 20 de abril, de 10:00 a 12:00 h
• Luns 27 de abril, de 10:00 a 12:00 h
O alcalde, Rubén García, subliñou que o Concello tamén ofrece apoio técnico propio para axudar á veciñanza e que continuará traballando coa Xunta e con Recursos de Galicia para ampliar o número de fogares beneficiarios.
Ambos concellos animan á cidadanía a aproveitar estas sesións de atención personalizada, lembrando que o asesoramento continuará dispoñible nas dependencias municipais.





















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



