A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou o valor dunha xornada «vivida cunha enorme emoción, cunha grande resposta de público e coa solemnidade que fai única a Semana Santa de Viveiro»
Viveiro, 4 de abril de 2026. A procesión do Santo Enterro puxo este Venres Santo o colofón a unha das xornadas centrais da Semana Santa de Viveiro. O día estivo marcado pola elevada participación, a afluencia de público e o ambiente de recollemento e solemnidade que acompañou os principais actos celebrados na vila. A cita contou coa presenza de José López Campos, conselleiro de Cultura; María José Gómez, conselleira do Medio Rural; Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; e Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo; e Fran Cajoto, deputado provincial.
A procesión do Santo Enterro foi organizada pola Ilustre y Venerable Cofradía del Stmo. Rosario e tivo a saída da igrexa de Santa María. Na súa condición de procesión oficial do Concello, converteuse nun dos momentos máis solemnes e representativos da Semana Santa viveirense, xa que ofreceu unha imaxe de grande forza emocional ao seu paso polas rúas do centro histórico. O desenvolvemento do cortexo e o seguimento por parte da veciñanza e dos visitantes confirmaron a capacidade desta celebración para reunir fe, tradición, patrimonio e proxección exterior nunha mesma xornada.
Mariña Gueimunde subliñou que «o Santo Enterro volveu deixar unha imaxe extraordinaria de Viveiro, unha vila entregada a unha das súas celebracións máis fondas e emblemáticas». A alcaldesa engadiu que «foi o colofón a un Venres Santo vivido con enorme intensidade, cunha grande resposta de público e coa solemnidade que distingue a nosa Semana Santa e a converte nunha referencia dentro e fóra de Galicia».
O Concello puxo tamén en valor o traballo da Xunta de Cofradías, das confrarías e irmandades e de todas as persoas que fan posible o desenvolvemento da Semana Santa, así como a coordinación dos dispositivos que contribúen ao bo funcionamento dunha xornada de especial relevancia para a vila. «Detrás de cada acto hai moitísimo esforzo, dedicación e amor por Viveiro. E iso nótase no resultado final e tamén na imaxe que ofrecemos a quen nos visita», sinalou a rexedora.
O Venres Santo comezou coa procesión do Encontro ás 10.00 horas e continuou ao mediodía coa celebración extraordinaria do Sermón das Sete Palabras na Praza Maior, organizada pola Real Hermandad de las Siete Palabras con motivo do seu 75 aniversario fundacional. Xa pola tarde celebrouse o Descendemento ou Desencravo no adro de Santa María, antes da saída do Santo Enterro. A xornada completouse pola noite coa Procesión da Paixón desde San Francisco, o Sermón da Soidade e a procesión da Soidade, coñecida tamén como «Dos Caladiños».
Desde o Goberno local destácase que Viveiro volveu ofrecer este Venres Santo a mellor imaxe dunha celebración declarada Festa de Interese Turístico Internacional desde 2013, capaz de combinar devoción, valor cultural e unha fonda identidade colectiva. «A Semana Santa é unha das grandes expresións do que somos como vila, e días coma hoxe amosan a forza dunha tradición que se mantén viva grazas ao compromiso de moitísimas persoas», afirmou Mariña Gueimunde.






















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



