O portavoz, Javier Castiñeira, advirte da falta de mantemento por parte do Concello e de Costas del Estado polo que convida ao alcalde a revisar o estado dos paseos costeiros e trasladar a esixencia ao Goberno do Estado, que depende da súa mesma forza política
Foz, 8 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz esixe a revisión da ponte da Ronqueira, no paseo marítimo desde a praia da Rapadoira ata a de Llas, un dos sitios máis transitados de Foz tanto por veciños como visitantes ao ser unha referencia turística.
“Entendemos que é importante que o equipo de goberno atenda esta petición para intentar garantir o risco 0 para os usuarios” á vista de que “nos últimos días estaba bastante solta unha das varandas”, expón o portavoz, Javier Castiñeira.
Castiñeira incide en que “está moi ben esixir civismo e queixarse porque a xente quite as vallas; pero, loxicamente, os representantes das administracións teñen que facer o seu traballo tamén”. De feito, “as vallas están porque os paseos non están en condicións para ser empregados” porque “non se fai mantemento nin por parte de Costas del Estado nin por parte do Concello”.
O popular cita “o caso de Cangas” que considera “flagrante” porque “leva anos así e o alcalde debe pensar que con cortar o paseo xa se soluciona todo”.
Javier Castiñeira mantén que o Concello deber revisar o estado dos paseos costeiros e trasladar á Dirección General de Costas del Estado as deficiencias existentes.
“Está moi ben esixir cando as administracións están gobernadas por outras forzas políticas, pero pedimos ao señor alcalde que faga exactamente o mesmo cando as administracións dependen do seu propio partido como é o caso do Goberno de Estado e, concretamente, de Costas del Estado”, conclúe.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



