Os traballos, nos que a institución provincial inviste 163.600€ e que comezaron coa apertura de cunetas, afectan a un tramo de 9 quilómetros entre a parroquia castrense de San Xiao de Mos e a Fonte da Pinguela, en Outeiro de Rei
Lugo, 8 de abril de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora da LU-P-1107, que é a estrada que une Castro de Rei e Rábade. Trátase dunha vía clave para a mobilidade da contorna, o transporte escolar e o acceso a servizos médicos e culturais.
Os traballos, dos que se encarga a empresa Construcciones Carballeira SL, contan cun investimento de 163.600€ e afectan a un treito de 9 quilómetros, entre a parroquia castrense de San Xiao de Mos e a Fonte da Pinguela, en Outeiro de Rei, desde o punto quilométrico 4,3 ao 13,2. As obras nesta vía inclúen a apertura de cunetas, reparación de desperfectos e a repavimentación.
Esta estrada é moi empregada pola veciñanza, xa que conecta con vías con moito tráfico como a N-VI e dá servizo a recursos destacados como a Casa das Insuas. Ademais tamén conta con tráfico agrícola e permite achegarse a zonas de sendeirismo, pesca e natureza de interese para os visitantes.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



