A subdelegada pon en valor este anuncio “pola dinamización da actividade económica que supón para concellos con alto potencial loxístico como Ribadeo”
Lugo, 9 de abril de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, puxo en valor esta mañá a apertura do prazo de presentación de ofertas para a adquisición de parcelas no parque empresarial Ribadeo Industrial, promovido a través de CASA47, como “unha mostra clara do compromiso do Goberno coa dinamización económica da provincia e co impulso do tecido produtivo”.
A subdelegada destacou que esta iniciativa responde á vontade do Goberno de “facilitar solo industrial de calidade, ben conectado e accesible para favorecer a implantación de novas empresas e consolidar proxectos xa existentes”. Neste sentido, subliñou a importancia de apoiar concellos como o de Ribadeo, “que contan cunha posición estratéxica na Mariña e unhas excelentes conexións que os converten en espazos idóneos para atraer investimento”.
A subdelegada incidiu en que o Goberno está a traballar para “equilibrar territorialmente o desenvolvemento económico, apostando por áreas con gran potencial como A Mariña, onde o impulso ao empresariado local e a chegada de novas iniciativas poden xerar emprego e fixar poboación”. Ademais, animou ás persoas emprendedoras e ás empresas a participar neste proceso, “aproveitando unha oportunidade única para desenvolver proxectos industriais”.
O proceso, xestionado por CASA47, contempla a venda mediante procedemento aberto por concurso de 37 parcelas de uso industrial situadas na actuación Ribadeo Industrial. Estas parcelas suman unha superficie total de máis de 94.500 metros cadrados, cunha ampla variedade de tamaños que permiten adaptarse a diferentes necesidades empresariais.
Os prezos base de licitación sitúanse nun rango entre os 45.000 e os 233.000 euros, en función da dimensión e características das parcelas, o que reforza o atractivo da oferta para o tecido empresarial.
Parcelas
O parque empresarial Ribadeo Industrial conta con 37 parcelas destinadas a uso industrial, das que 35 son de tipoloxía illada e 2 adosadas. A superficie total alcanza os 94.501 m², con parcelas que van desde arredor de 950 m² ata máis de 5.500 m².
O espazo sitúase nunha localización estratéxica, con fachada á Autovía do Cantábrico (A-8) e conexión directa co porto comercial de Ribadeo, o que facilita a loxística e o transporte de mercadorías.
A adxudicación realizarase mediante procedemento aberto por concurso, e o prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata as 13:00 horas do 28 de abril de 2026. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral de CASA47, en Madrid.
Máis información: Ribadeo Industrial (Concurso abril 2026) – CASA47





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



