Viveiro, 9 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou no último Pleno unha moción para que todos os grupos locais que participen na programación cultural organizada polo Concello reciban unha remuneración polo seu traballo. A proposta buscaba establecer un criterio claro que evite desigualdades e que recoñeza o valor que estes colectivos achegan á vida cultural do municipio.
A voceira socialista, María Loureiro, explicou que a iniciativa non pretendía fixar unha contía concreta, senón garantir que quen actúe nunha programación municipal cobre polo seu labor. Lembrou que moitos destes grupos se autofinancian e non contan con axudas estables, malia levar anos contribuíndo á actividade cultural de Viveiro.
Loureiro incidiu en que non é razoable organizar unha programación cultural sen asegurar unha compensación mínima para os grupos locais, especialmente cando están aportando tempo, traballo e valor engadido.
A moción non prosperou polo voto en contra do Partido Popular e de Por Viveiro. Desde o PSOE consideran contraditorio o argumento económico empregado, xa que a proposta deixaba en mans do equipo de goberno a fixación das contías segundo a dispoñibilidade orzamentaria.
Os socialistas lembran que xa houbo precedentes de trato desigual dentro da programación municipal, como no caso dos pasacalles do ano pasado, onde algúns grupos cobraron e outros non, malia formar parte da mesma actividade.
O PSOE tamén mostrou a súa sorpresa pola postura de Por Viveiro. Segundo Loureiro, resulta chamativo que quen participou en asociacións culturais e solicitou apoio económico para elas vote agora en contra dunha proposta que busca precisamente reforzar ese apoio.
Para o Grupo Socialista, esta decisión evidencia unha liña política que sitúa a Por Viveiro do lado do goberno e rexeita propostas da oposición, mesmo cando consideran que son beneficiosas para o tecido cultural local.
María Loureiro concluíu que a cultura local non pode sosterse unicamente co esforzo dos colectivos e que precisa do compromiso das institucións. O PSOE de Viveiro asegura que continuará defendendo iniciativas que garantan un apoio real á cultura de base e un trato xusto para todos os grupos locais.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



