Lugo, 11 de abril de 2026. Axentes da Policía Nacional de Viveiro lograron bloquear recentemente 60.000 euros enviados por unha vítima dunha posible estafa relacionada con falsas inversións financeiras, tras ser captada a través de redes sociais.
A vítima, seguindo as instrucións dos supostos estafadores, instalou no seu teléfono móbil unha aplicación que permitía o control remoto do dispositivo, descoñecendo esta funcionalidade. Posteriormente, abriu unha conta bancaria na entidade indicada polos autores da fraude.
Mediante engano, realizou varias transferencias a contas nacionais e estranxeiras, ata sumar 61.000 euros, cantidade da que finalmente perdeu o control.
Grazas á rápida actuación dos axentes, foi posible bloquear dúas transferencias por un total de 60.000 euros, unha delas dirixida a unha conta bancaria doutro país. O procedemento atópase xa xudicializado.
Modus operandi: estafa de investidores
Esta modalidade delituosa, coñecida no ámbito policial como estafa de investidores, baséase en captar vítimas mediante técnicas de inxeniería social.
O método habitual consiste en persuadir a vítima para realizar un primeiro envío de diñeiro a unha conta doutra persoa —tamén enganada— que, ao ver supostos beneficios, se sente motivada a investir cantidades maiores.
O proceso repítese en cadea, con transferencias sucesivas entre distintas contas, ata que os fondos acaban en contas estranxeiras ou en mans de intermediarios financeiros.
Estes intermediarios, a cambio dunha comisión, converten o diñeiro en criptoactivos, xeralmente sen coñecer a súa orixe ilícita, e envíanos ás wallets designadas polos estafadores.
Durante todo o proceso, o diñeiro nunca chega a estar en posesión directa dos autores, que manteñen o anonimato empregando mulas ou contas mulas, así como intermediarios encargados de transformar os fondos en criptomoedas.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



