Antonio Ameijide afirma que “o feminismo non se defende con programas de humor, senón con decencia e exemplaridade pública, algo que nestes momentos brilla pola súa ausencia na Deputación mentres se permita que unha persoa investigada por feitos tan graves siga formando parte da corporación”
Lugo, 16 de abril de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular anunciaron hoxe que non participarán dos actos programados pola Deputación de Lugo en clave de feminismo e humor “mentres PSOE e BNG sigan a intentar branquear a José Tomé”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que estamos ante “un novo exercicio de hipocrisía intolerable”. “Ninguén pode entender que estando a Deputación de Lugo baixo o foco da sospeita, con PSOE e BNG mantendo como deputado a un presunto acosador sexual, empreguen o humor para defender o feminismo”, ao que engadiu que “se de verdade apoian ao feminismo o primeiro que teñen que facer é romper con esta persoa e esixir que abandone todas as institucións públicas nas que está presente”.
O voceiro provincial popular sinala que a situación actual da Deputación é incompatible coa promoción de valores de igualdade, “sobre todo dende a perspectiva do humor”.
“O feminismo non se defende con programas de humor, senón con decencia e exemplaridade pública, algo que nestes momentos brilla pola súa ausencia na Deputación mentres se permita que unha persoa investigada por feitos tan graves siga formando parte da corporación”, denunciou.
Ademais, Ameijide recorda que a Tomé o mantén o PSOE na alcaldía de Monforte “porque queren”, lembrando como dende o PP de Monforte se ofreceron os seus votos para unha moción de censura que permitiría poñer a outro alcalde socialista e apartar a Tomé. “A realidade é que o PSOE prefire manter ao acusado como alcalde”, sinalou.
Antonio Ameijide é contundente: “Se de verdade queren apoiar o feminismo, o primeiro que teñen que facer é sacar das institucións a este señor e a todas as persoas que o encubriron durante este tempo. Mentres sigan amparando estas condutas, calquera acto que organicen será unha mofa ao feminismo”.
Neste senso, o voceiro provincial popular reitera que non “seremos cómplices” de ningunha estratexia de propaganda que busque lavar a cara do expresidente. “Non imos participar en ningún intento de branquear a José Tomé. A nosa postura é clara: tolerancia cero e coherencia institucional. O feminismo do PSOE e do BNG é de pancarta, pero baleiro de ética cando afecta aos seus propios intereses partidistas”, conclúe.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



