Ortigueira, 18 de abril de 2026. Este luns, 20 de abril, abrirase o prazo de presentación de ofertas para a adquisición de 41 parcelas de solo empresarial situadas no Polígono Industrial da Rega, en Ortigueira. Trátase de terreos de titularidade autonómica pertencentes á Oferta Pública Permanente de Xestión do Solo de Galicia (XESTUR, S.A.).
Este proceso, impulsado pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo principal regular a venda de parcelas permitindo formas flexibles de pago. Con isto búscase facilitar o asentamento de novas empresas, posibilitar a ampliación das xa existentes e converter a zona nun polo de atracción de novas industrias, favorecendo a xeración de emprego.
O modelo de adxudicación desta oferta pública permanente establece un marco moito máis favorable para autónomos e tecido empresarial. Entre estas condicións destacan a regulación da venda admitindo formas de pago flexible ou ofertas á baixa; a aplicación de prezos bonificados como mínimos para as parcelas con pago flexible; ou a admisión de ofertas á baixa para determinadas parcelas.
Calquera persoa física ou xurídica pode presentar a súa solicitude. Ademais, poderán presentarse ofertas tanto de forma individual como conxunta, sempre que estas últimas sexan sobre parcelas colindantes.
Presentación de proposicións
O procedemento establece que, unha vez recibida unha oferta, Xestur publicaraina na súa páxina web. A partir dese momento, abrirase un prazo de 15 días durante o cal poderán presentarse ofertas distintas sobre esa mesma parcela. As parcelas que non se adxudiquen manteranse en oferta permanente ata a súa adxudicación.
As proposicións deben presentarse polas seguintes vías: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela); en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dirixido a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703, Santiago de Compostela.
No caso de presentar as ofertas en lugares diferentes ao rexistro da Xunta, é obrigatorio remitir o mesmo día da presentación un correo electrónico a xestur@xesturgalicia.com. No correo debe indicarse a presentación da oferta e o lugar no que se realizou.
Para consultar o prego de bases completo, as persoas interesadas poden acceder á páxina oficial: www.xesturgalicia.com.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



