A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á 17ª edición da Feira do Ferro de Riotorto, un evento monográfico de posta en valor dos oficios vinculados ao ferro
Riotorto, 19 de abril de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu esta mañá á inauguración da XVII Feira do Ferro de Riotorto, un evento de referencia para os profesionais dos oficios artesanais do ferro, que está organizada polo Concello de Riotorto e pola Asociación de Ferreiros desta localidade, co apoio da Xunta. Este evento visibiliza o oficio dos ferreiros e converte a Riotorto no epicentro da artesanía vinculada a estes oficios, ao tempo que funciona como un espazo para que as novas xeracións coñezan o oficio e contribúe a fomentar a remuda xeracional.
Na programación desta 17ª edición inclúense demostracións en vivo a cargo de Manuel Alonso MAF (Riotorto), Forxa Chago (Santiago de Compostela) e Jorge Eiroa Forja (Culleredo) —inscritos en Artesanía de Galicia—, Ferreiros de Riotorto, Friedrich Brasmsteidl, Alberto Leis, Centro de Interpretación de la Forja de Navarra, Ferreiros da Fonsagrada e Obradoiro do Carbón. Ao longo de toda a xornada haberá tamén demostracións doutros oficios como a olería de Buño con Alfarería Aparicio ou de Talla e decorado de cristal con Eugenio Soto (Vigo), ambos os dous obradoiros de Artesanía de Galicia, así como obradoiros de cestería, de torneado e de pirogravado.
A xornada complétase coa actuación do coro de Riotorto, o pregón a cargo do actor Luís Iglesia, obradoiros do ferro para público infantil a cargo de Friedrich Brasmsteidl, actuación de Charanga






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



