Ribadeo, 20 de abril de 2026. Ribadeo e Lalín instalarán pantallas xigantes na praia das Catedrais e no Altar do Sol para seguir a eclipse do vindeiro 12 de agosto, que será comentada por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
Foi o profesor Docobo o que a definiu como “a eclipse das nosas vidas” e comentou tamén que “o 28 de agosto haberá unha eclipse de lúa”. Parécelle unha moi boa idea a observación conxunta que están a organizar os Concellos de Lalín e de Ribadeo: “as nubes son caprichosas entón tendo a oportunidade de observar a eclipse desde dous sitios temos o dobre de posibilidades de poder velo. En Ribadeo se rexistrará a máxima duración en Galicia, que será de 1 minuto e 45 segundos e en Lalín será visible desde a parte leste e norte do municipio, pero hai un lugar emblemático onde será a observación, que aínda que dure 20 segundos na totalidade consideramos que merece a pena, que é o Altar do Sol”.
O alcalde de Lalín, José Crespo, contou que “imos poñer dúas pantallas xigantes en Ribadeo e en Lalín e o profesor Docobo estará a narrar todos os aspectos científicos, falará do que pasará antes, durante e despois do eclipse. Tamén é o día das perseidas entón faremos algo de festa despois da eclipse, aínda estamos traballando niso, e despois das doce da noite será a quenda para as perseidas. O 12 de agosto vai ser unha xornada maratoniana”.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, explicou que “estes dous monumentos naturais laicos quixemos aproveitalos e contar co profesor Docobo, xa que os seus antepasados eran da Devesa, e alí nesa parroquia e en concreto na praia das Catedrais é onde faremos esta actividade conxunta. Somos dous municipios que sabemos aproveitar os recursos e a eclipse había que aproveitala para vivir ese momento conxunto. E haberá unha retransmisión especial desde a TVG, que xa está traballando niso”.
Ambos rexedores fixeron unha chamada “a todas as administracións, que tomen nota para colaborar con nós e que isto sexa posible. Precisamos financiamento para utilizar o satélite e ter unha conexión de calidade”.
Lalín preparará aparcadoiros para acoller a toda a xente que se achegará ao Altar do Sol a ver a eclipse do 12 de agosto. E Ribadeo xa anuncia un dispositivo especial de tráfico na contorna do emblemático areal para ese día.
Ambos rexedores confían en que este sexa o primeiro paso para seguir facendo cousas xuntos no futuro, entre Lalín e Ribadeo.
O Observatorio Ramón María Aller acolleu a presentación deste mediodía na que tamén participaron as concelleiras de Turismo de Ribadeo e de Lalín, Marta Saiz e Begoña Blanco.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



