Ribadeo, 21 de abril, 2026. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo súmase á celebración do centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo cun espazo dedicado á súa figura no ESPAZO EUROPA da Biblioteca. A iniciativa, promovida polo Concello, destaca o papel do político ribadense na transición democrática, o seu impulso ás relacións con Europa e a súa participación na sinatura do Estatuto de Galicia o 18 de maio de 1981.
Unha das actividades previstas é a proposta da Delegación de Cultura e do semanario La Comarca del Eo para elaborar unha edición especial da Comarca dos Pícaros. O alumnado dos centros educativos de Ribadeo poderá enviar achegas relacionadas coa figura de Calvo-Sotelo, que se publicarán en diferentes números en función da cantidade de traballos recibidos.
Como Escola Mentora das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, o IES Dionisio Gamallo conta na súa biblioteca cunha sección dedicada á historia e á política contemporánea. Neste espazo inclúense publicacións sobre a transición española e sobre os cambios sociais e institucionais que marcaron as últimas décadas.
A figura de Leopoldo Calvo-Sotelo está presente a través das súas propias reflexións sobre o período histórico que lle tocou vivir, así como mediante obras doutros autores que analizan o seu papel público. O seu labor abrangue desde a etapa como ministro para as Relacións coas Comunidades Europeas —na que iniciou as negociacións para a adhesión de España ao Mercado Común— ata o seu mandato como presidente do Goberno entre 1981 e 1982, período no que se impulsaron avances que permitiron a posterior sinatura do Tratado de adhesión á CEE en 1985.
O centro destaca que a historia se constrúe coas persoas e tamén se aprende nas aulas, revisando o camiño percorrido por quen contribuíu a transformar a sociedade. Achegar ao alumnado figuras relevantes da contorna local que tiveron un papel destacado na vida pública é unha oportunidade educativa de grande valor.
O IES de Ribadeo subliña que, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, mantén o compromiso de promover valores como a convivencia, a participación cidadá e o coñecemento das institucións europeas, fundamentais para comprender o presente e construír o futuro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



