A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo remata o 30 de xuño. Os tres municipios detectaron a necesidade de ofrecer información e apoio á poboación migrante para facilitar a súa regularización e acceso ao emprego, especialmente nun momento no que sectores como os coidados, a construción e o metal precisan man de obra. Os concellos valoran a alta participación e lembran que para dúbidas adicionais está dispoñible o teléfono 655 608 610.
























Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.


