O popular destaca que algúns deste convenios son para iniciativas que se poden incluír dentro do Plan Deputación, polo que “vemos como Carmela López segue a financiar actuación a maiores do Plan, pola porta de atrás e unicamente aos seus”, así como que “seguen a dar os cartos sempre aos mesmos, a pesar de que se negaron en reiteradas ocasións a incrementar a contía destinada a este Plan para axudar máis a todos os concellos” por ser este Plan a ferramenta “máis xusta no reparto de fondos” da que dispón a Deputación de Lugo
Luns, 18 de maio de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular critican que Carmela López mantén a Deputación instalada “no mesmo sectarismo” que José Tomé “ao copiar ao pé da letra o mecanismo de convenios a dedo” para concellos gobernados por PSOE e BNG.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que desde que tomou posesión, o pasado 14 de xaneiro, xa deu a dedo 1.373.579,72€ en convenios para concellos da súa cor política. “Está claro que Carmela López, lonxe de apostar pola igualdade de trato entre concellos, mantense a mesma práctica herdada: repartir convenios nominativos a dedo entre municipios gobernados polo PSOE e o BNG”, criticou.
Desde a chegada da nova presidenta, os convenios concedidos baixo este criterio mantivéronse “polo que nada mudou na Deputación, senón que consolidou unha política baseada na afinidade política e non nas necesidades reais dos veciños da provincia”.
Antonio Ameijide destaca que algúns deste convenios son para iniciativas que se poden incluír dentro do Plan Deputación, polo que “vemos como Carmela López segue a financiar actuación a maiores do Plan, pola porta de atrás e unicamente aos seus”, así como “seguen a dar os cartos sempre aos mesmos, a pesar de que se negaron en reiteradas ocasións a incrementar a contía destinada a este Plan para axudar máis a todos os concellos” por ser este Plan a ferramenta “máis xusta no reparto de fondos” da que dispón a Deputación de Lugo.
UN ÚNICO DESPISTE
Antonio Ameijide ironiza con que Carmela López “tivo un despiste” co Concello de Ribadeo, que recibiu un convenio, cun importe de 27.299,83€ (moi por debaixo da achega municipal, que é de 54.599,66€), nun feito que semella máis un despiste que un cambio de criterio, máis aínda cando algúns dos convenios asinados con concellos gobernados por PSOE e BNG superan amplamente os 200.000€.
Ameijide denuncia que PSOE e BNG continúan empregando a Deputación de Lugo e os seus recursos, tanto técnicos como económicos, “como unha ferramenta ao servizo dos intereses partidistas do goberno provincial, discriminando aos municipios en función da súa cor política, unha forma de actuar profundamente inxusta que rompe co principio de igualdade institucional que debería rexer o reparto dos recursos públicos”.
“Os lucenses merecemos unha Deputación transparente, igualitaria e que trate a todos a todos os concellos sen mirar a cor política do alcalde. O que estamos vendo ata o momento é máis do mesmo: propaganda, sectarismo e uso partidista do diñeiro de todos”, sentenciou.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



