Viveiro, 26 de maio, 2026. Viveiro celebrará o Premio Comercio Dinamización 2025 coa súa gran “Festa do Comercio”, unha xornada con actividades para toda a familia e un sorteo final de 1.200 euros, ademais doutros tres premios de 100 euros cada un.
A entrega de rifas comezou o 4 de maio, momento no que o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) xa adiantara que preparaba unha celebración especial para conmemorar este recoñecemento autonómico.
Actividades durante a tarde do 30 de maio
As rúas de Viveiro converteranse nun espazo de encontro para veciñanza, visitantes e comerciantes, cunha programación pensada para todos os públicos:
Desde as 17:00 h:
Inchables infantís
Xogos de feira
Carriño de palomitas
Sala Multiusos (19:00–20:30 h):
Talleres infantís de pintura e papiroflexia
Animación musical:
A charanga Santa Compaña percorrerá as rúas durante a tarde
Actuación final ás 20:30 h na Praza Maior
As entradas para as actividades infantís poderán recollerse na carpa da Praza Maior desde as 17:00 h, entregando tickets de compra por importe de 20 € en negocios asociados (válidos do 26 ao 30 de maio).
Sorteo final: 1.200 € e tres premios de 100 €
O gran atractivo da xornada será o sorteo da “Extra de Verán”, dotado con 1.200 euros. Ademais, sortearanse tres premios adicionais de 100 euros.
O CCHV está a repartir 150.000 rifas entre os negocios asociados desde o 4 de maio.
O día 30 habilitarase unha urna na Praza Maior entre as 17:00 e as 21:00 h para depositar as rifas. O sorteo celebrarase ás 21:15 h, conducido polo actor, locutor e humorista viveirense Carlos Jiménez. No acto participarán tamén o director xeral de Comercio, Gabriel Alén Castro, a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e membros da corporación municipal.
1º Concurso de Miniburguers do CCHV
O venres 29 e o sábado 30 celebrarase o 1º Concurso de Miniburguers, no que participan sete locais de hostalaría:
Muro Restaurante – Miniburguer de pulled pork
Vinoteca Los Leones – Miniburguer con porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada
Cornelius – CorneBurguer con ternera, papada, chutney de mango e cebola crocante
La Tortilla Maravilla – TortiBurguer con tortilla de patacas e cebola
Casa Pepi – Miniburguer de carrilleiras
Bar A Zapatería – Miniburguer caramelizada de ternera
Mesón A Ría – Miniburguer de porco celta
As miniburguers poderán degustarse a mediodía e pola noite a un prezo de 4 €.
A clientela será quen elixa a mellor proposta votando na App ViveiroCCH mediante os códigos QR dispoñibles nos locais. O establecemento gañador recibirá a “Miniburguer Dourada”. Entre os votantes sortearase unha cea para dúas persoas.
Unha festa para dinamizar o comercio local
A directiva do CCHV destaca que esta iniciativa “non só promove o consumo no comercio de proximidade e na hostalaría local, senón que tamén reforza o carácter social e comunitario de Viveiro”.
O obxectivo é dinamizar datas comerciais relevantes, premiar a fidelidade da clientela e fortalecer o comercio local, coa colaboración da Xunta de Galicia a través dos programas de dinamización dos centros comerciais abertos.
As bases dos sorteos poden consultarse en www.viveirocentro.com, na App ViveiroCCH e nas redes sociais da asociación.




















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



