Ribadeo, 29 de maio de 2026. Do 1 ao 5 de xuño estará aberto o prazo de matrículas nas Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo, destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2018. O sorteo terá lugar o día 8.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “ofertamos neste 2026 escolas de surf con 18 prazas; piragüismo con 35 prazas para rapaces nados entre 2011 e 2017; e vela con 26 prazas”. E engadiu: “a escola de surf desenvolverase en xuño e xullo. Haberá dúas xornadas especiais náuticas os días 20 de xuño e 10 de xullo e o alumnado deberá levar o seu propio neopreno. A escola de piragüismo será en xullo e os horarios dependerán das mareas. E no caso da vela a escola desenvolverase en xuño e xullo”.
A cota das Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo será de 40 euros. As inscricións realizaranse na Casa da Xuventude de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e martes e xoves tamén de 16:00 a 18:00 horas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 982 129 889 ou ao correo electrónico deportes@ribadeo.gal
Desde a Concellería de Deportes e Mocidade lembran que “o pagamento da autoliquidación deberá facerse efectivo na conta do Concello en Caixa Rural do 8 ao 12 de xuño. O resgardo será entregado na Casa da Xuventude. A falta do mesmo implicará a baixa na/s escola/s”.























A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



