Lugo, 2 de xuño de 2026.- Alfonso Villares tomou posesión esta mañá como novo delegado territorial da Xunta en Lugo, en substitución de Javier Arias. Fíxoo en presencia do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, Villares compaxinou esta profesión co labor de edil no concello do Cervo. En 2007 foi elixido alcalde deste municipio lucense, cargo que revalidou noutras catro eleccións. Entre xuño de 2023 e 2025 foi conselleiro do Mar.
Na súa intervención, Villares agradeceu a confianza depositada nel para asumir esta responsabilidade e asegurou que afronta a nova etapa coa vontade de achegar o seu “gran de area para contribuír a mellorar a vida dos lucenses”. Neste sentido, comprometeuse a desempeñar o cargo “con humildade, capacidade de traballo e vocación de servizo público” para seguir avanzando no desenvolvemento de Lugo e de Galicia.



















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



