A Deputación achegará máis de 40.000 euros nun convenio co Concello ata 2028 que permitirá contratar un profesional, renovar material informático e adquirir equipamento de apoio
Barreiros, 5 de xuño de 2026. A tenente de alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, impulsa un novo servizo de podoloxía para persoas maiores no municipio grazas o apoio da Deputación de Lugo, que aprobou este venres na Xunta de Goberno un convenio co Concello por importe de algo máis de 40.000 euros.
O acordo, que se desenvolverá en varias anualidades ata o ano 2028, permitirá reforzar os servizos municipais con dúas liñas de actuación. Por unha banda, renovar material informático e de oficina do Concello, coa adquisición de novos ordenadores, arquivadores e unha cadeira hidráulica e, por outra, poñer en marcha un servizo de podoloxía para as persoas maiores de Barreiros mediante a contratación dun profesional.
Dende o PSdeG de Barreiros puxeron en valor o traballo desenvolvido por Carmen Veiga á fronte da área de Servizos Sociais, así como a colaboración da Deputación de Lugo para facer posible a posta en marcha de novos recursos públicos que melloran a atención directa á veciñanza.
Veiga explicou que o servizo estará dirixido ás persoas maiores de 65 anos residentes e censadas en Barreiros, así como a pacientes derivados dende o centro de saúde por problemas podolóxicos asociados a determinadas patoloxías, como pode ocorrer no caso de persoas diabéticas. Tamén poderá prestarse atención a persoas en situación de vulnerabilidade que precisen este tipo de coidados.
As citas xestionaranse a través dos Servizos Sociais municipais e o servizo desenvolverase durante o que resta de 2026 e ao longo dos anos 2027 e 2028.
“Falamos dun servizo moi necesario, tanto para as persoas maiores como para a poboación máis vulnerable. O coidado dos pés é fundamental para a autonomía persoal, para previr problemas de saúde e para garantir unha mellor calidade de vida na vellez”, destacou Veiga.
A tenente de alcaldesa incidiu en que moitas persoas maiores, aínda que non sexan usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, teñen dificultades para acceder a determinados coidados básicos ou acaban desatendendo problemas podolóxicos que poden afectar directamente á mobilidade, á independencia e ao benestar diario. “Ás veces, resolver un problema deste tipo supón mellorar de maneira directa a vida dunha persoa. Poder camiñar mellor, moverse con máis seguridade ou evitar complicacións tamén é reforzar a súa autonomía”, afirmou.
Dende o PSdeG subliñaron que este novo recurso dá continuidade á liña de traballo impulsada por Carmen Veiga, centrada en reforzar os Servizos Sociais con medidas útiles, próximas e adaptadas ás necesidades concretas da veciñanza. Neste sentido, lembraron que nos últimos meses consolidouse o servizo municipal de préstamo de material ortopédico, que permite ás familias acceder a camas articuladas, cadeiras de aseo, colchóns antiescaras, grúas, andadores, bastóns e outro equipamento de apoio.
“Seguimos traballando para que Barreiros teña uns Servizos Sociais cada vez máis completos, máis próximos e máis útiles. A nosa prioridade é estar ao carón das persoas maiores, das familias, das persoas dependentes e da veciñanza que máis apoio precisa”, concluíu Carmen Veiga.




















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



