Abadín, 5 de xuño, 2026. O PSdeG de Abadín denunciou no último Pleno a falta de transparencia do Goberno local do Partido Popular tras a adxudicación dun contrato municipal a unha empresa vinculada á contorna laboral da tenente de alcaldesa. O contrato, por importe de 16.419,94 euros, foi resolto por decreto de Alcaldía, sen pasar pola Xunta de Goberno Local.
Un contrato que “xera dúbidas”
O voceiro socialista, Pablo Díaz, explicou que o contrato menor para a “Dinamización do medio rural” foi adxudicado á empresa Ingeniería Insitu, S.L.U., cuxo administrador único é tamén administrador de Estudios Rafer, firma na que traballa como directora a tenente de alcaldesa, Begoña Gaute.
“Estamos diante dunha contratación que cheira mal”, afirmou Díaz, quen criticou que o alcalde se limitase a repetir que o procedemento se axustou á legalidade, sen ofrecer explicacións nin documentación que disipase as dúbidas.
Segundo o PSdeG, non se solicitou ningún informe específico sobre un posible conflito de intereses, a tenente de alcaldesa non se abstivo formalmente e o contrato non pasou polo órgano colexiado, senón que se resolveu directamente por decreto.
O PSdeG reclama garantías e transparencia
Díaz lembrou que o propio alcalde recoñeceu que non pediu informe á Secretaría municipal sobre posibles incompatibilidades ao considerar que “non existían indicios”. Para o PSdeG, esta resposta é “insuficiente” e compromete a confianza da veciñanza na xestión municipal.
“Cando existe unha relación laboral entre unha concelleira e unha empresa vinculada á adxudicataria, o mínimo é extremar as garantías e actuar con absoluta transparencia”, sinalou o voceiro socialista.
Preguntas sobre as plantas de biometano
No mesmo Pleno, o Grupo Municipal Socialista trasladou as preguntas elaboradas pola plataforma StopBiogás Abadín sobre o proxecto das plantas de biometano. Segundo Díaz, o alcalde só respondeu dúas, malia ter acusado ao PSdeG no anterior Pleno extraordinario de “xerar alarma sen datos”.
O voceiro socialista agradeceu o traballo da plataforma e insistiu en que “os veciños merecen respostas, non silencios”, especialmente nun proxecto con impacto ambiental, social e económico.
Tamén criticou a negativa do Goberno local a permitir unha mesa informativa sobre o proxecto, o que considera outra mostra da falta de vontade do PP para facilitar información.
Procesos selectivos sen resolver
O PSdeG preguntou ademais pola praza de conserxe, convocada en 2023 e aínda sen resolver. O alcalde confirmou que a acta do proceso selectivo continúa pendente.
Rogos sobre accesibilidade e transparencia
O grupo socialista presentou dous rogos para:
– Mellorar a accesibilidade no pavillón do colexio de Moncelos e en varias zonas do casco urbano
– Garantir máis transparencia e publicidade nos procesos selectivos municipais, incluídas as brigadas de incendios
“O que pedimos é moi simple: explicacións, documentación e respecto pola veciñanza. Abadín non merece un Goberno que responda con evasivas”, concluíu Pablo Díaz.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



