Estamos a vivir unha nova etapa histórica transcendente porque supón un cambio de modelo, de paradigma. Pero este feito non é algo novo na historia do mundo occidental.
Despois da caída do Imperio romano iniciose no espazo europeo a construción do primeiro gran paradigma do que vai ser o mundo occidental. Un paradigma que tiña a Deus e polo tanto o cristianismo como o centro motivador e integrador do espazo europeo. Este modelo, séculos despois, sería superado por unha nova realidade que encontrará na política o elemento necesario para estruturar e integrar a esa nova realidade. Este feito dará lugar ao nacemento do Estado moderno como gran estrutura política e elemento central de toda unha época que remataría coa Revolución francesa e americana .
Logo, xa no século XIX, a Revolución industrial e os movementos obreiros marcarán o inicio dunha nova época dominada dominada pola realidade socio- económica. Hoxe ese paradigma que tanto condicionou as nosas vidas ata os anos setenta do século XX está rematando e polo tanto, xa non explica a nova realidade emerxente.
Coido que esta nova realidade que estamos a vivir só se pode explicar dende o fenómeno da globalización económica e dende os enormes avances tecnolóxicos que están cambiando a velocidade de vértigo o noso mundo. Estamos a falar de dous feitos, polo tanto, que fixeron que a realidade económica, dinamizadora e integradora das nosas sociedades ata os anos setenta do século pasado rachara coa realidade socio-politica. Tal situación fai que os novos actores económicos e tecnolóxicos que se foron creando ao longo deste último medio século estean xa a actuar a nivel trasnacional mentres, o resto dos actores, sociais e políticos, só o poidan facer a nivel nacional ou local. Esta é, ao meu modo de ver, a gran fractura que estamos a sufrir e que está desintegrando a realidade socio- política.
Necesitamos, xa que logo, un elemento integrador da nova realidade que volva poñer ao ser humano no centro con capacidade de ser suxeito e coido, como nos deixóu dito Alain Touraine, que a fórmula pasa polo Dereitos humanos como base da dignidade e núcleo da da democracia. Unha norma universal que está máis aló da clase, da raza, do xénero e da orixe e polo tanto con toda a capacidade para unir e vertebrar aos diferentes na defensa da dignidade frente a humillación.
Esta, coido que debe ser a gran aposta das democracias occidentais para volver integrar a realidade e rachar cos camiños que nos poidan levar a sistemas totalitarios.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



