Nos últimos meses, os concelleiros e concelleiras da oposición en Viveiro vimos observando unha forma de dirixir os plenos municipais que nos preocupa profundamente porque afecta á calidade do debate democrático.
Non se trata de cuestionar as facultades da Alcaldía nin o seu dereito a pechar os debates. O problema está no uso que se está facendo desa atribución.
Cada vez é máis habitual que o grupo de goberno apenas participe no debate dos asuntos durante os turnos ordinarios de intervención. Os grupos da oposición expoñemos as nosas posicións, defendemos as nosas propostas e formulamos as nosas críticas. Porén, cando todos os grupos rematamos de falar, a alcaldesa utiliza o peche do debate para realizar longas intervencións políticas nas que responde aos argumentos da oposición, realiza valoracións e, en ocasións, formula afirmacións coas que non estamos para nada de acordo.
O problema é que nese momento xa non existe posibilidade de réplica.
Así, o que debería ser un debate convértese nun monólogo final no que unha parte fala e as demais teñen que limitarse a escoitar. E a situación resulta aínda máis preocupante cando esas intervencións inclúen referencias directas a concelleiros ou grupos da oposición. Nestes casos, cando se solicita a palabra por alusións para responder ou aclarar cuestións expostas pola propia alcaldesa, esa posibilidade non se concede.
Resulta difícil entender esta forma de actuar, totalmente autoritaria. Se os argumentos do goberno son sólidos, non debería existir ningún inconveniente en defendelos durante o debate ordinario, cando os demais grupos tamén teñen a oportunidade de responder. A democracia non consiste en ter sempre a última palabra, senón en aceptar o contraste de opinións.
Os plenos municipais están gravados e poden consultarse libremente. Calquera veciño ou veciña pode comprobar que, independentemente das discrepancias políticas, durante anos existiu un debate máis aberto e unha maior disposición a escoitar as distintas posicións representadas na Corporación.
Quen formamos parte da oposición tamén representamos a centos de veciños e veciñas de Viveiro. A nosa función é fiscalizar, propoñer e defender alternativas. Para iso é imprescindible que exista un verdadeiro debate político e que se respecten os dereitos de todos os membros da Corporación.
Porque o Pleno municipal é o máximo órgano de representación democrática do Concello. E un Pleno non debería ser nunca un monólogo, como o está sendo.
María Loureiro García
Ex alcadesa de Viveiro e Portavoz Municipal do PSdG-PSOE



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



