A Presidenta supervisou distintas actuacións cun investimento global da institución provincial que supera os 1,6M€ e destacou que “estamos a impulsar un cambio real, con proxectos que melloran a vida da veciñanza e modernizan os espazos públicos”
Viveiro, 9 de xuño, 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, realizou este martes unha visita institucional a Viveiro, onde foi recibida na Casa do Concello pola alcaldesa, Mariña Gueimunde. A xornada permitiu coñecer de primeira man o avance de distintas actuacións executadas e proxectadas no municipio con financiamento provincial, así como reforzar a colaboración entre ambas administracións.
Tras o encontro mantido no Concello, no que percorreron as dependencias municipais, a alcaldesa acompañou á presidenta da Deputación nun percorrido por varios puntos de Viveiro nos que se están a desenvolver ou están previstas intervencións con cargo ao Plan Deputación. En conxunto, os investimentos provinciais no municipio superan os 1,6 millóns de euros, unha cifra que, segundo Carmela López, “impulsa un cambio real, con proxectos que melloran a vida da veciñanza e modernizan os espazos públicos”.
Investimentos en Covas: rúa Santiago e contorna de Cantarrana
A primeira parte da visita centrouse na parroquia de Covas. Alí supervisaron a evolución da obra que se está a executar na avenida de Santiago, financiada con preto de 190.000 euros do Plan Deputación 2025. A actuación abrangue a rehabilitación do firme, a mellora das redes de servizos básicos e intervencións en accesibilidade. Carmela López cualificou esta obra como “estratéxica polo seu impacto na trama urbana de Covas”.
A comitiva percorreu tamén a contorna de Cantarrana e outras rúas da parroquia nas que está prevista unha actuación integral con cargo ao Plan Deputación 2026. Estes traballos, que contarán con máis de 356.000 euros, permitirán renovar pavimentos e modernizar servizos básicos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga en vías como a travesía de Cantarrana, Pernas Peón, Vila de Ribadeo, avenida de Vilalba, Vila de Mondoñedo, Cidade de Ortigueira, Otero Pedrayo, Pascual Veiga, Celso Emilio Ferreiro, Castelao e Alexandre Bóveda.
A alcaldesa subliñou que foi o goberno municipal quen decidiu priorizar investimentos en Covas, dada a necesidade de actuar nunha contorna que acumulaba importantes demandas de mellora. Mariña Gueimunde destacou “a importancia de que a Deputación coñeza sobre o terreo as necesidades do concello e o destino dos fondos que achega”, e agradeceu a disposición da institución provincial a seguir colaborando “desde o respecto institucional e en beneficio da veciñanza”.
Celeiro: humanización da fachada marítima e mellora do acceso ao porto
Xa en Celeiro, a presidenta da Deputación supervisou o resultado da humanización da fábrica marítima, unha actuación financiada con máis de 500.000 euros, así como a mellora da vía de acceso ao porto, a estrada provincial LU-P-6612, que conecta coa LU-862. Esta intervención, licitada por máis de 137.000 euros, inclúe a renovación completa do firme, melloras na drenaxe, pavimentación con aglomerado e nova sinalización. López destacou que esta obra “terá un impacto directo na seguridade viaria e na eficiencia das operacións portuarias”.
A actuación dá continuidade á transformación iniciada coa renovación da Rúa do Porto, posible grazas a un convenio de 700.000 euros, dos que a Deputación achegou 550.000 para humanizar e renovar servizos nesta vía estratéxica.
Outras demandas e colaboracións
Aproveitando a visita a Covas, a alcaldesa trasladou á presidenta provincial as necesidades existentes no entorno do campo de fútbol de Cantarrana, tras un encontro co presidente do Viveiro Club de Fútbol. O Concello valora positivamente a disposición da Deputación a colaborar en futuras melloras das instalacións deportivas municipais.
Así mesmo, Mariña Gueimunde solicitou a posta a punto de varias estradas de titularidade provincial, entre elas o acceso ao Monte San Roque, a vía das Nogueiras e outras actuacións pendentes en Vieiro e Galdo.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



