A Mariña, 11 de xuño, 2026. O proxecto XOGAL, impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo, inicia a súa segunda edición coa celebración da primeira das dez experiencias previstas para este verán.
A actividade inaugural terá lugar o sábado 13 de xuño ás 11:00 horas no conxunto histórico de Sargadelos, en Cervo, cunha proposta de escape room ao aire libre, aberta e gratuíta para toda a veciñanza e persoas visitantes.
Baixo o título “O legado de Sargadelos en Cervo”, a experiencia convidará ás persoas participantes a descubrir un dos capítulos máis destacados da historia industrial e cultural de Galicia:
“Entre cerámica, memoria industrial e natureza, Cervo agocha un dos legados máis singulares de Galicia. Atrévete a seguir as pistas de Sargadelos e descubrir unha historia marcada polo lume, a arte e a tradición.”
Ao longo do percorrido, os equipos deberán resolver enigmas, superar retos e atopar pistas relacionadas coa historia e o patrimonio de Sargadelos, co obxectivo de completar a aventura no menor tempo posible.
Ademais da experiencia de xogo, os equipos mellor clasificados poderán optar a premios en forma de experiencias turísticas e de lecer, mentres que todas as persoas participantes entrarán en sorteos organizados polo proxecto.
A inscrición é gratuíta e xa está dispoñible a través da ligazón: https://escapeo.com/xogal/
Para participar só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión a internet, batería suficiente e calzado cómodo. Non é preciso descargar ningunha aplicación, xa que o xogo funciona directamente desde o navegador web.
Unha vez celebrada esta primeira sesión, a experiencia permanecerá activa durante un mes, permitindo que veciñanza e visitantes poidan realizala ao seu ritmo e de forma totalmente gratuíta.
XOGAL é unha iniciativa que busca dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación, convertendo o territorio nun gran espazo de xogo onde patrimonio, historia, natureza e participación cidadá se unen para ofrecer unha nova forma de descubrir Galicia.
A edición de 2026 desenvolverase en dez concellos galegos: Cervo, Lourenzá, Guitiriz, Foz, Negueira de Muñiz, Meira, Monterroso, Taboada, A Fonsagrada e Castro de Rei.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



