Xove, 13 de xullo, 2026. A parroquia de Lago celebrará as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme e San Antón os días 17, 18 e 19 de xullo de 2026 no Campo da Festa de Lago.
As celebracións comezarán o venres 17, cunha das citas gastronómicas máis agardadas: a partir das 20.00 horas servirase un churrasco ao estilo Lago a prezos populares. A noite continuará cunha gran verbena amenizada pola Orquestra Salsarena e a Disco Móbil Conxuro.
O sábado 18, a música volverá ser protagonista coa sesión vermú a cargo da Orquestra Galaxia. Pola noite, a verbena contará coa actuación da propia Galaxia, que compartirá escenario coa Disco Móbil Conxuro, garantindo unha velada chea de festa e diversión.
O domingo 19, último día das festas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antón ás 13.30 horas. A continuación terá lugar unha sesión vermú prolongada, amenizada polo Dúo D’Aché, que poñerá o broche final a tres intensas xornadas festivas.
A organización corre a cargo da Asociación de Festexos A Granda, coa colaboración do Concello de Xove, da veciñanza e dos comerciantes colaboradores, cuxo apoio resulta fundamental para manter vivo un programa pensado para o desfrute de persoas de todas as idades. A comisión agradece a implicación de todas as persoas que fan posible que estas festas continúen a ser unha cita destacada no calendario festivo do municipio.
A Comisión Organizadora convida a toda a veciñanza de Xove e ás persoas visitantes a achegarse ao Campo da Festa de Lago para compartir unhas festas patronais marcadas pola convivencia, o bo ambiente e a tradición.

























A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



