Cervo, 21 de xullo do 2026. O Concello de Cervo continúa apostando pola formación continua do seu persoal coa organización dun curso de reciclaxe e actualización en soporte vital básico e manexo do desfibrilador externo semiautomático (DESA), destinado nesta ocasión ao equipo da Escola Infantil Municipal.
A iniciativa ten como obxectivo reforzar a preparación dos profesionais para actuar con rapidez e eficacia ante posibles situacións de emerxencia, garantindo unha atención segura nun servizo no que o coidado e a protección dos máis pequenos son prioritarios.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata as instalación para compartir a sesión co persoal, e destacou que “investir na formación do persoal municipal é investir en seguridade e en calidade dos servizos públicos”. Nese sentido, incidiu en que “a actualización permanente dos coñecementos en primeiros auxilios e soporte vital básico resulta fundamental para ofrecer unha resposta axeitada ante unha emerxencia sanitaria”.
A formación combina contidos teóricos e sesións prácticas centradas nas técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), no uso do desfibrilador externo semiautomático e na aplicación dos protocolos de actuación recomendados ante unha parada cardiorrespiratoria, conforme ás últimas guías en soporte vital básico e desfibrilación.
O curso conta coa acreditación oficial da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) e da Sociedade Española de Reanimación Cardiopulmonar (SERCP), entidades de referencia na formación en emerxencias sanitarias.
Desde o Concello de Cervo salientan que estas accións formativas permiten manter actualizados os coñecementos do persoal municipal e reforzar a capacidade de resposta ante situacións críticas, contribuíndo a ofrecer un servizo público cada vez máis seguro e preparado.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



