As iniciativas desenvolvidas no marco do proxecto achegan novas propostas vinculadas ao patrimonio marítimo-pesqueiro e á cultura mariñeira nos territorios dos oito GALP galegos
Viveiro, 31 de agosto, 2026. O proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, entra nunha nova fase coa posta en marcha de diferentes experiencias de turismo mariñeiro e pescaturismo xurdidas ao abeiro do propio proxecto.
As iniciativas están vinculadas ás persoas que participaron nas accións formativas desenvolvidas ao longo do proxecto e que, a partir dos coñecementos e ferramentasadquiridos, desenvolveron diferentes propostas relacionadas co turismo mariñeiro e o pescaturismo nos seus territorios.
Esta nova etapa permite levar á práctica e dar visibilidade ás iniciativas xurdidas durante o proxecto. As actividades achegan diferentes formas de coñecer o patrimonio marítimo-pesqueiro, a cultura mariñeira e os oficios e saberes vinculados ao mar, aproveitando os recursos e particularidades de cada territorio. Deste xeito, cada experiencia incorpora a identidade e os elementos propios da zona na que se desenvolve.
O carácter de cooperación entre os oito GALP galegos é un dos elementos fundamentais de Mar e Rías: Pesca & Turismo. O proxecto permite compartir coñecementos, experiencias erecursos entre os diferentes territorios pesqueiros de Galicia e impulsar iniciativas que contribúan á diversificación das súas economías e á xeración de novas oportunidades vinculadas ao mar.
As experiencias desenvolveranse nos diferentes territorios participantes ao longo desta nova fase, permitindo coñecer de preto propostas relacionadas co turismo mariñeiro e o pescaturismo e poñendo en valor tanto os recursos naturais e culturais como os coñecementos das persoas e comunidades vinculadas ao sector pesqueiro.
Con esta nova etapa, Mar e Rías: Pesca & Turismo dá continuidade ao traballo desenvolvidodurante o proxecto, conectando a formación co desenvolvemento de experiencias reais e contribuíndo a fortalecer novas vías de diversificación nos territorios pesqueiros galegos.
A través da cooperación dos oito GALP, o proxecto aposta así por crear e impulsar novas experiencias arredor do mar, favorecer o emprendemento e poñer en valor o patrimonio marítimo-pesqueiro de Galicia, dando continuidade ás iniciativas que xurdiron durante o seu desenvolvemento.




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



