Ribadeo, 2 de setembro de 2026. O Concello de Ribadeo organiza contacontos, xincana, obradoiros educativo sexuais e cursos nos centros de ensino para afondar na igualdade e na diversidade. Será ao longo dos vindeiros meses. A programación foi presentada no Consello Municipal de Mulleres, que se reuniu na xornada de onte.
Do 16 ao 20 de novembro desenvolverase unha xincana contra a violencia de xénero para rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO. O contacontos Boti Boti destinado ao alumnado de educación primaria terá lugar do 23 al 27 de novembro.
Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o Concello convida aos centros educativos, asociacións de mulleres, colectivos e veciñanza a participar nun gran proxecto colaborativo. Trátase de crear un mural artístico de grande formato elaborado con mandalas de crochet.
Xa no segundo trimestre do curso escolar, na última semana de febreiro, haberá obradoiros educativos sexuais con Prisma para 4º e 5º de Primaria e 3º e 4º da ESO. E para o último trimestre están previstas charlas sobre a diversidade.
No Consello Municipal das Mulleres informouse tamén das actividades realizadas ao longo dos últimos meses. Asistiron a esta xuntanza a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, Eloína Injerto, e o director territorial de Política Social en Lugo, Óscar Viñas.
O CIM propuxo a creación dun grupo de apoio para mulleres vítimas de violencia de xénero, como un novo recurso de acompañamento e apoio mutuo.
Desde a Concellería de Igualdade lembran que ata o día 10 está aberto o prazo de inscrición no curso de defensa persoal feminina que terá lugar o 12 de setembro no centro sociocomunitario de Ribadeo. Haberá dúas quendas unha de mañá e outra de tarde.
E o 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración do mural de homenaxe a Manuela Barreiro Pico. A obra de Diego As poderase ver nun inmoble situado na esquina das rúas Ramón González e San Roque. O Teatro acollerá outras actividades de homenaxe a esta farmacéutica ribadense, que foi a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela.
O CIM e a Concellería de Igualdade preparan máis actividades para as vindeiras semanas das que irán dando conta proximamente.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



