Viveiro, 3 de setembro, 2026. O territorio do GALP A Mariña-Ortegal incorpora “PescaTurismo Burela”, unha experiencia de turismo mariñeiro desenvolvida no marco de Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia.
A proposta, desenvolvida por Miguel Ángel Couto Cilleiro, patrón do Virxen do Rocío, convida a descubrir a pesca artesanal de Burela desde dentro, acompañando ao profesional durante unha saída real de traballo a bordo da súa embarcación.
A experiencia permitirá coñecer como se prepara unha xornada de pesca desde o propio porto de Burela, embarcar no Virxen do Rocío e navegar ata a zona de captura. Ao longo da saída, as persoas participantes poderán observar o traballo coas nasas empregadas para a pesca de nécora e polbo, así como achegarse ao proceso de interpretación das capturas e ás decisións que forman parte do día a día no mar.
O estado do mar, as especies, as tallas, as vedas ou a situación dos recursos son algúns dos factores que condicionan continuamente o traballo a bordo. A través da experiencia directa, a proposta permitirá comprender como estes elementos inflúen nas decisións que deben tomar diariamente os profesionais da pesca e como o coñecemento do medio resulta fundamental para desenvolver a actividade.
Miguel Ángel compartirá cos participantes os seus coñecementos e vivencias acumulados durante anos de traballo no Cantábrico, achegando a súa propia perspectiva sobre o oficio, o día a día a bordo e a relación co medio mariño. Deste xeito, a experiencia permitirá coñecer a pesca artesanal desde a mirada de quen a desenvolve directamente e comprender todo o que hai detrás dunha xornada de traballo no mar.
“PescaTurismo Burela” pretende así ofrecer unha visión próxima da realidade da pesca artesanal e da relación que existe entre o traballo dos profesionais do mar e o coidado dos recursos. A experiencia permite descubrir unha actividade na que o coñecemento do territorio, a observación do medio e a toma de decisións forman parte inseparable da xornada laboral.
A proposta permite poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o proceso formativo e transformalos nunha experiencia directamente vinculada á realidade pesqueira de Burela, poñendo en valor o oficio, o patrimonio marítimo-pesqueiro e os saberes que se transmiten entre as persoas que viven e traballan no mar.
Deste xeito, “PescaTurismo Burela” contribúe a achegar a realidade da pesca artesanal á cidadanía e a explorar novas posibilidades de diversificación arredor do sector, utilizando o propio coñecemento e a experiencia dos profesionais como recurso para descubrir o territorio.
Mar e Rías: Pesca & Turismo continúa así impulsando propostas que conectan o mar coa sociedade e permiten coñecer a Galicia costeira desde a perspectiva das persoas que viven e traballan nel.






















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



