As fichas de inscrición poderán recollerse e entregarse presencialmente no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura
Cervo, 9 de setembro, 2026. O Concello de Cervo abre este mércores, 9 de setembro, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais, unha programación deseñada para achegar a práctica deportiva a diferentes idades e fomentar hábitos de vida activos e saudables.
A proposta deportiva municipal inclúe diferentes modalidades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas. No caso das escolas deportivas infantís, ofertaranse actividades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, balonmán e voleibol. Pola súa banda, as escolas deportivas de adultos contarán con fit-dance, pilates, corpo activo e ioga.
As fichas de inscrición poderán recollerse e entregarse presencialmente no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura. O criterio de admisión establecerase segundo a orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Cervo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou a nova programación acompañada por parte dos monitores e monitoras que serán os encargados de impartir as diferentes disciplinas ao longo da tempada.
Durante a presentación, a rexedora destacou que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando por unha programación deportiva ampla, variada e accesible para todos os públicos. Queremos que as nosas crianzas, a mocidade e tamén as persoas adultas atopen nas Escolas Deportivas Municipais unha oportunidade para practicar deporte, coidarse e, ao mesmo tempo, compartir tempo e experiencias con outras persoas da nosa veciñanza”.
García Caramés puxo tamén en valor o traballo dos profesionais que estarán á fronte das actividades: “Contamos con monitores e monitoras con experiencia e implicación, que serán unha peza fundamental para que cada actividade se desenvolva da mellor maneira e para que as persoas participantes desfruten do deporte nun ambiente próximo, dinámico e seguro”.
Desde o Concello de Cervo destacan a variedade da oferta e a posibilidade de atopar actividades adaptadas a diferentes idades, intereses e niveis e animan á veciñanza a aproveitar esta nova tempada das Escolas Deportivas Municipais e a incorporar a práctica deportiva á rutina diaria como unha ferramenta de benestar físico, saúde, convivencia e integración.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



