O proceso, iniciado xa na parroquia de Magazos, dá continuidade ás reunións mantidas nos últimos anos e permitirá recoller as propostas da veciñanza para establecer as actuacións prioritarias de cara ao próximo mandato
Viveiro, 10 de setembro, 2026. O BNG de Viveiro desenvolverá durante os meses de outubro e novembro unha nova rolda de reunións veciñais polas parroquias do municipio, un proceso participativo que xa comezou en Magazos e que dá continuidade ao traballo de proximidade que a organización nacionalista mantén nos últimos anos.
Esta nova fase permitirá avanzar na elaboración do Plan Parroquias 2027-2031, unha iniciativa construída coa participación directa das veciñas e veciños, que servirá para definir as actuacións prioritarias en cada parroquia de cara ao próximo mandato.
Un modelo de política municipal baseado na proximidade
O BNG de Viveiro mantén desde hai anos unha dinámica de traballo centrada na escoita activa, visitando as parroquias, reuníndose coa veciñanza e facendo do diálogo directo unha ferramenta habitual para coñecer as necesidades de cada núcleo. Esta forma de traballar, baseada na participación e na proximidade, é parte esencial da maneira de entender a política municipal por parte da organización.
O obxectivo é elaborar unha folla de ruta realista, asentada nas necesidades concretas de cada parroquia, para que as prioridades de cada lugar queden recollidas na planificación municipal dos vindeiros anos.
A portavoz do BNG e candidata á Alcaldía de Viveiro nas eleccións municipais de 2027, Iria Cotelo, subliña: “Levamos anos mantendo estas reunións porque entendemos que é a maneira de construír un proxecto de concello realista, contando coa voz e coa participación da veciñanza das parroquias, que é quen mellor coñece as necesidades de cada lugar”.
O Plan Parroquias 2027-2031 pretende converter todas as achegas recollidas nestes encontros nunha planificación concreta de actuacións, establecendo prioridades en función das necesidades de cada núcleo.
Chamamento á participación
O BNG de Viveiro anima ás veciñas e veciños das diferentes parroquias a participar activamente nas reunións, trasladar propostas, necesidades e preocupacións, e contribuír á construción dun proxecto municipal compartido.
O calendario completo das xuntanzas, que se celebrarán ao longo de outubro e novembro, será anunciado nos vindeiros días.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



