Ribadeo, 10 de setembro de 2026. O Concello de Ribadeo organiza os vindeiros 19 e 20 de setembro o Foro de Economía Social, “unha iniciativa que nace co obxectivo de achegar á cidadanía os valores e as oportunidades da economía social, poñer en valor o emprendemento colectivo e favorecer o intercambio de experiencias e coñecementos”, segundo explicou a concelleira de Comercio, Marta Saiz.
A edil ribadense contou que “o encontro desenvolverase na Praza de Abastos de Ribadeo, un espazo estreitamente vinculado á actividade económica e comercial do municipio, e combinará durante toda a fin de semana foros de debate, actividades, formación, música e dinamización do mercado local”.
Saiz contou que “a programación comezará o sábado 19 de setembro cunha xornada dedicada ao Foro de Economía Social, que contará con mesas redondas, participación de persoas especialistas e diferentes actividades destinadas a dar a coñecer as posibilidades que ofrece a economía social como modelo de desenvolvemento económico, xeración de emprego e dinamización do territorio”.
A concelleira de Comercio seguiu a relatar que “a iniciativa pretende especialmente visibilizar modelos empresariais baseados na cooperación, na participación e no retorno social, así como achegar estas alternativas ás persoas emprendedoras, empresas, entidades sociais, asociacións, profesionais e á cidadanía en xeral”.
Marta Saiz dixo que “o domingo 20 de setembro, a programación trasladarase tamén ao Mercado dos Domingos, incorporando actividades de dinamización e música, co propósito de conectar a economía social coa actividade comercial e coa vida económica e social de Ribadeo”.
E destacou que “o Foro pretende ser un punto de encontro e intercambio, no que diferentes axentes poidan compartir experiencias e reflexionar sobre novas formas de producir, traballar, emprender e xerar riqueza desde unha perspectiva máis próxima, colaborativa e sostible”.
A celebración do Foro intégrase nas actuacións desenvolvidas polo Concello de Ribadeo no marco da Rede Eusumo, coa finalidade de promover e impulsar o cooperativismo e a economía social, achegando estes modelos á sociedade e favorecendo o seu coñecemento e implantación no ámbito local.
A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Rede Eusumo, o Ministerio de Traballo e Economía Social e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
Inscricións abertas
As persoas interesadas en participar no Foro poden realizar a súa inscrición a través da plataforma habilitada para o evento.
Marta Saiz anima “a empresas, persoas emprendedoras, entidades da economía social, asociacións, profesionais e cidadanía a participar nesta iniciativa e contribuír a facer da Praza de Abastos un espazo de encontro, coñecemento e dinamización da economía local”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



