Nota de prensa
O ano non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas despois de que Zapatero decidira esmagar aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas -nun 10% e un 4% respectivamente-
O PP MOBILIZARÁ AOS CONCELLOS DA MARIÑA EN CONTRA DA SUBA DA LUZ
* Piden que os plenos municipais rexeiten esta medida unilateral adoptada polo Goberno socialista central e que proceda á conxelación deste recibo durante todo o ano 2011.
A Mariña, 11 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular da Mariña mobilizarase en contra da subida da luz e rexistrará mocións municipais en todos os concellos da nosa comarca para que os seus respectivos Plenos rexeiten esta medida unilateral adoptada polo Goberno socialista central. Os populares, segundo explicou o seu secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, tamén reclamarán que Zapatero rectifique e ordene a conxelación deste recibo durante todo o ano 2011.
Segundo Balseiro o novo ano non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas da nosa comarca, todo iso, como consecuencia da nefasta política económica do presidente Zapatero que esmaga aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas, nun 10% e un 4% respectivamente.
UN 40% MÁIS CARA DESDE 2006
O secretario xeral popular indicou que desde que goberna o Partido Socialista, a luz non parou de subir, así dende o ano 2006 o recibo da luz subiu mais dun 40%, mentres que cando gobernou o Partido Popular entre 1996 e 2004 o recibo da luz baixou un 14,2%, moi por riba da media da UE.
UN NOVO CASTIGO DO PSOE QUE SUMA E SEGUE
As veciñas e veciños da Mariña non se merecen este novo castigo do Goberno socialista central que se engade á baixada dos salarios, á conxelación das pensións, á subida de impostos, ao incremento do prezo da gasolina e do gasóleo e a supresión dos incentivos fiscais á compra de vivenda, do cheque bebé e da axuda de 426 euros ós desempregados de longa duración.
MÁIS DIFÍCIL QUE NUNCA
As erradas decisións dos socialistas fan esta costa da xaneiro máis longa e difícil que nunca e, polo tanto, é necesario que os distintos concellos asuman o seu papel de administración máis próxima ao cidadán e se sumen á reivindicación que esixe unha rectificación do Goberno de Zapatero.
PACTO ENERXÉTICO
Os populares da nosa comarca valoran esta subida como grave prexuízo á capacidade adquisitiva de fogares, autónomos, empresas e PEMES, e por iso consideramos que é necesario un gran pacto en política enerxética que aporte estabilidade a un dos factores de competitividade máis importantes para a nosa economía, como é a do custe da enerxía.





















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



