O investimento, executado a través das concellarías de Educación e Promoción Económica, supera os 6.000 euros para modernizar unhas instalacións que levaban sen actualizarse desde o ano 2011
Ortigueira, 21 de outubro de 2026. O Concello de Ortigueira completou a renovación do equipamento da antiga aula de informática da Deputación da Coruña, unha instalación que pasa a integrarse plenamente na estrutura municipal tras o fin da financiación provincial. A actuación permitiu dotar o espazo con máis dunha decena de ordenadores, cun investimento total que ronda os 6.400 euros.
Con este movemento, a administración local garante a continuidade do servizo e impulsa a oferta de cursos e obradoiros impartidos en colaboración coa rede de Aulas CeMIT, un espazo dinámico e cuxas actividades son moi concorridas no municipio.
A concelleira de Promoción Económica, Isabel Rego, destacou o impacto deste desembolso na formación e capacitación do tecido local, sinalando que “la actualización tecnológica del espacio era una demanda prioritaria para ofrecer programas formativos acordes a las exigencias digitales actuales y mejorar la empleabilidad de los vecinos”.
Pola súa banda, a concelleira de Educación, Ana Cartelle, subliñou o compromiso do Goberno municipal coa continuidade do servizo educativo a pesar dos cambios na financiación. A edil remarcou que o Concello “asume la gestión directa del aula para evitar la pérdida de un recurso fundamental que llevaba más de una década sin recibir material nuevo”, asegurando así que tanto escolares como adultos dispoñan de ferramentas informáticas modernas e funcionais.


















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



