Se estás a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, coño! 1 e 2), é que tes interese no tema. E un mínimo de información. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atención cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida participación pode ser unha imposición ou comenencia. Trátase sinxelamente de exercer un dereito e un deber.
A diversificación da participación cidadá encaixa dentro dos consellos sectoriais de área que configura o título IV do regulamento proposto. Os consellos contemplados como posibles (de Asuntos Sociais, Medio Ambiente e sostibilidade, Escolar, de Cultura, da mocidade, da Muller, de Deportes) de seren creados terían un posto representativo no consello veciñal. Na actualidade só funciona un, o correspondente á muller, como foi dito na entrega anterior. Unha característica fundamental destes consellos é que son ad-hoc, como proba o parágrafo seguinte: “Cada Corporación deberá, ao comezo do seu mandato, resolver a creación dos Consellos municipais sectoriais que estime procedentes, cesando automáticamente a totalidade dos membros dos mesmos e as funcións dos Consellos co gallo da convocatoria de cada nova elección local.” Isto evita unha continuidade que sería desexable de ser considerado válido un consello determinado, e crea unha dependencia do equipo de goberno correspondente que os manexará segundo estime.
Complica máis o anterior o que teñan idénticas funcións que o Consello de Relacións Veciñais, no seu ámbito de actuación, ou que o regulamento de cada un sexa aprobado polo pleno de xeito independente, facendo patente unha compartimentación que dificulta as accións conxuntas.
O título sobre a iniciativa cidadá, o número 5, admite a presentación de iniciativas colectivas pero tamén das individuais. Cunha precisión importante, que máis que limitar o número, potencia a profundidade das iniciativas posibles: han ter abondo grao de elaboración previo como para que se poda valorar direitamente o ser executables. Aínda así, os parágrafos seguintes ó que especifica o anterior poden enfriar algo a consideración positiva do título: o primeiro que se fai por parte da administración é informar dos trámites que se seguirán e de que se comunicará de se se considera ou non. Sen prazos. O segundo, especificar que se debe axustar á disponibilidade presupostaria. E aínda despois, fala dunha avaliación antes da inclusión dos presupostos anuais.
O título seguinte trata da consulta popular. É dicir, da consulta ó pobo en conxunto. Coido os medios de difusión xa se fixeron eco a comezos do 2010 de consultas populares en Cataluña por parte de concellos, algo recoñecido legalmente xa no ano 1985. A consulta pode ser iniciada pola alcaldía ou por o 8-10% dos electores. Despois da indefinición de porcentaxe, o texto só fai referencia a que se cumprirá a lexislación que ordea as consultas. Entendo que o título non engade nada sobre o que xa está concedido por esa lexislación de orde superior.
A participación nos órganos de goberno da pé a un título que aglutina dous artigos nos que o único que se fai é referirse a outros anteriores, especificando as mesmas condicións de participación (que son estipuladas no artigo 10, título 1º, e que non é citado de xeito directo).
Respecto á audiencia pública, estáse directamente o que se di na lei de réxime xurídico das administracións públicas, do ano 92. Pode ser pedida polo 5% da poboación afectada ou polo consello sectorial correspondente. Ó non estipular un xeito de medición da poboación afectada, a medida, para ser iniciada popularmente, depende da vontade ou criterio das instancias políticas correspondentes. Polo demáis, aquí si se establecen prazos, que abranguen un total de dous meses e medio dende a recepción da documentación, e, enténdese, aceptación da súa adecuación ó procedemento.
En canto ó título para a declaración da utilidade pública de entidades e asociacións, pode pedirse tal declaración con poucos requisitos, básicamente presentando unha instancia, un informe de inscrición no rexistro municipal e unha relación de actividades dos dous últimos anos. Se se declara de utilidade pública, a entidade correspondente ten ventaxas: pode usar o título, acceder ás axudas económicas establecidas e ós medios locais para o desenvolvemento das súas actividades, e ter os beneficios fiscais que correspondan segundo as ordenanzas municipais que traten o tema e o Título Primeiro da Lei Xeral Tributaria. A cambio, teñen que emitir os informes que lles sexan pedidos e presentar as actividades realizadas cada ano. E, de xeito máis doado que á hora de concederlles o título, este pode serlles quitardo.
Antonio Gregorio Montes




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



