BURELA.- A partir do día 21 de xullo, haberá cambios no tráfico rodado no final da rúa Celso Emilio Ferreiro de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Obras, Pascual Domenech. As rampas de acceso desde Arcadio Pardiñas estarán pechadas ao tráfico e na explanada do Campón tentaremos conxugar a marcha das obras que se están a realizar coa actividade comercial que se desenvolve nesa zona e cos accesos aos garaxes. Os aparcamentos quedarán eliminados mentras duren estas obras, engade Domenech que lle pide colaboración aos veciños e comerciantes afectados por estes traballos “e agardamos que acepten as nosas disculpas polos trastornos que lles poidamos ocasionar”.
Cambios de tráfico en Burela por obras
Cambios de tráfico en Burela por obras
Relacionado
-
Rural da Vicepresidencia da Deputación abre o prazo de solicitude dasaxudas do programa Marela!, de apoio á recría de Raza Rubia Galega
-
O alumnado de Vilalba descobre as Terras do Miño no Campus de emprendemento sostible da Deputación
-
O PP impulsa unha acción conxunta na Deputación e nos Concellos para reclamar a apertura dos centros de día comprometidos nas residencias da rede provincial