Nota de prensa
Estudantes de Vigo, Lugo e Mondoñedo, gañadores do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia
– Os premios entregaranse o vindeiro 20 de xuño no Parlamento
– A presidenta do Parlamento agradece o esforzo desenvolvido polos membros do Xurado, que para seleccionar aos gañadores tiveron que revisar 888 traballos pertencentes a 52 centros educativos
Santiago, 10 de xuño de 2011.- O xurado encargado de seleccionar aos gañadores do Concurso Escolar 2010-2011 convocado polo Parlamento de Galicia seleccionou, por unanimidade, aos gañadores e finalistas de cada unha das tres modalidades, –debuxo, redacción e expresión libre- , ademais de propoñer unha mención especial para dous alumnos de educación especial.
Os gañadores están escolarizados en centros educativos de Vigo, Lugo e Mondoñedo, mentres que os finalistas cursan estudos na Coruña, Sarria e Baiona. Os alumnos de educación especial que recibiron unha mención especial pertencen a centros de Vigo e Pontevedra.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro día 20 de xuño, luns, no Parlamento de Galicia, nun acto ao que ademais dos gañadores e finalistas, se convidará á clase de cada un dos galardoados, aos profesores que supervisaron os traballos seleccionados e aos directores dos centros.
Agradecemento ao xurado
O Xurado encargado se seleccionar os traballos estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento, José Manuel Baltar Blanco; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Marisol Piñeiro; polos portavoces de Educación dos tres grupos parlamentarios, Román Rodríguez (PPdeG), Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE) e Carme Adán (BNG), así como polo docente Jose Manuel Rosales Noves.
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, agradece o esforzo desenvolvido polos membros do xurado, que revisaron cada un dos 888 traballos presentados ao concurso.
Esta elevada cifra de participación certifica, en opinión de Rojo Noguera, que sí é posible suscitar o interese dos máis novos polas institucións que articulan o sistema democrático e o autogoberno de Galicia.
Os 888 participantes nesta edición do Concurso Escolar do Parlamento están escolarizados en 52 centros educativos. Destes, 21 pertencen á provincia da Coruña, 9 á de Lugo, 5 á de Ourense, e 17 á de Pontevedra.
GAÑADORES E FINALISTAS
Os seleccionados foron os seguintes:
CONCURSO DE DEBUXO:
Persoa gañadora: NOELIA TINOCO LACOMBA (doc. núm. 64483)
· Centro escolar: Escola Rosalía de Castro. Vigo. Pontevedra.
· Clase: 4º B de primaria
· Profesor que supervisou á gañadora: D. José Manuel Carnero González
Persoa finalista: CLARA FERNÁNDEZ CASÁS (doc. num. 64348.1) (alumna de 4º de primaria no CEIP Raquel Camacho. A Coruña)
CONCURSO DE REDACCIÓN:
Persoa gañadora: DANIEL VICENTE GUTIÉRREZ SALVADOR (doc. núm. 64510.8)
· Centro escolar: IES Ánxel Fole. Lugo
· Clase: 2º da ESO
· Profesora que supervisou ao gañador: D.ª Carme Millares Fernández
Persoa finalista: IRENE LÓPEZ GONZÁLEZ (doc. núm. 64471)(alumna de 2º da ESO no CPR La Merced. Sarria. Lugo)
CONCURSO DE EXPRESIÓN LIBRE:
Persoas gañadoras: LARA RUBAL OTERO, CRISTIAN VIZCAÍNO RODRÍGUEZ E PATRICIA MARTÍNEZ PAZ (doc. núm. 64518.1)
· Centro escolar: IES San Rosendo. Mondoñedo. Lugo.
· Clase: 3º B da ESO
· Profesora que supervisou aos gañadores: D.ª Amparo Bermúdez González
Persoa finalista: RAQUEL FERNÁNDEZ BARREIRO (doc. núm. 64401.15)(alumna de 4º da ESO no CPI Covaterreña. Baiona. Pontevedra).
Finalmente, o Xurado propón unha mención especial para as seguintes persoas:
ÁLVARO PAZOS FERNÁNDEZ (doc. núm. 64554.2)(alumno de 2º ciclo no Centro de Educación Especial Saladino Cortizo. Vigo)
SARA PEDRIDO GARCÍA (doc. núm. 64552.17) (alumna no Centro de Educación Especial Príncipe Felipe. Pontevedra)




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



