Nota de Prensa
O GPPP CRITICA A FALTA DE COMPROMISO DO EQUIPO QUE ENCABEZA GÓMEZ BESTEIRO POLAS CONTINUAS AUSENCIAS ÁS XUNTAS DE GOBERNO
Para os populares esta actitude evidencia unha grande falta de respeto ós cidadáns da provincia
O ranking de faltas ás xuntas de goberno no pasado ano encabezao a vicepresidenta terceira María Xosé Vega Buján, seguida moi de preto polo propio Presidente Gómez Besteiro, quen non asistiu a preto da metade das sesións
Lugo, a 15 de xaneiro de 2009.- O balanzo anual sobre as asistencias ás xuntas de goberno da Deputación é desalentadora. Ningún membro do equipo de goberno da administración provincial, nin socialistas nin nacionalistas, asistitiu a todas as xuntas. Unha actitude que, na opinión do GPPP, segundo asegura o seu voceiro adxunto José María González Barcia, non é responsable nin respetuosa cos cidadáns da provincia ós que representan.
“Resulta tremendamente significativo que en ningunha das medio cento de xuntas de goberno celebradas durante o pasado ano estiveron presentes os nove membros que a integran”, suliña González Barcia, que non dubida en calificar tar situación como “inaudita e rexeitable”.
O ranking de faltas encabezao a vicepresidenta terceira María José Vega Buján que non asistiu a 35 das 50 xuntas de goberno celebradas durante o pasado ano. É dicir, faltou ó 70 por cento das reunións.
Na segunda posición atópase o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, que non acudiu a preto da metade das reunións, ó 48 por cento para ser máis específicos, o que equivale a dicir que non participou en 24 das medio cento celebradas.
Melchor Roel segue a corta distancia ó Presidente cun 44 por cento de ausencias (22 en números redondos). A vicepresidenta segunda Lara Méndez no acudiu a 18 xuntas de goberno, o 26 por cento; e Manuel Martínez ó 30 por cento, non estivo polo tanto en 15 encontros.
Non se salvan tampouco Antón Bao, vicepresidente primeiro, que con nove ausencias (o 18 por cento) ocupa o sexto lugar; nin Miguel Sotuela, que ten 8 faltas (16%); nin Regina Polín con 7 (o 14 por cento) nin Antonio Gato, quen non participou en cinco xuntas de goberno.
Resulta igualmente significativo que durante o pasado ano dúas das reunións, concretamente a do 11 de xullo e a do 18 de agosto, se desenvolveran co mínimo número de membros que establece a lei: tres.
No primeiro caso, a do 11 de xullo, os presentes foron, baixo a presidencia de Gómez Besteiro, Gato e Sotuela; no segundo, con Vega Buján actuando como presidenta, participaron Gato e Martínez.
En cinco ocasións máis, suliña José María González Barcia, o quórum estaba integrado por catro membros da xunta de goberno, menos da mitade.
Se o balanzo de 2008 resulta, ó entender dos populares, moi negativo; con igual talante comenza o 2009, xa que á primeira reunión do ano celebrada pola xunta de goberno da administración provincial o pasado día 2 de xaneiro só asistiron catro dos nove membros que a conforman. Foron, concretamente, os Srs. Gato, Martínez e Sotuela e a Sra. Polín.
Máis esperpéntico é, en opinión do voceiro adxunto do GPPP, que esta sesión tivese que ser presidida por Gato, por ser o membro asistente de maior idade, vista a ausencia do presidente e dos tres vicepresidentes.
Lembran ademais dende o PP, que a meirande parte dos integrantes da xunta de goberno teñen dedicación exclusiva e, polo tanto, un dos conceptos polos que cobran é pola asistencia ás xuntas de goberno. “Esta actitude é un fraude ós cidadáns. Hai que dicilo así de claro e é necesario que esta actitude pasota e de escaso ou nulo traballo se rectifique. E o primeiro que ten que dar exemplo é o Presidente”, salientou González Barcia, quen non dubidou en engadir que “se Besteiro tivese capacidade de mando efectiva dentro do seu grupo esta situación non duraría nin unha semana”.

















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



