Nota de prensa:
A Deputación insta á Xunta a non desmantelar a ensinanza pública, priorizando o investimento en servizos sociais
– A institución reclama ó Goberno galego poñer fin ó empobrecemento do ensino público e ó desequilibrio territorial no reparto de fondos. A provincia só contou co 15% do total das axudas de Abalar, co 11% do Plan de Seccións Bilingüe e co 9% de Centros Plurilingües
– Logo de comezar a lexislatura suprimindo o préstamo gratuíto dos libros de texto e reducir, ano tras ano, o seu presuposto en Educación, a Xunta recortou en Lugo o número de docentes ata nun 40%, pechou 30 aulas e prescindiu do mesmo número de mestres
– O Pleno aprobou a liquidación do Orzamento de 2010, demostrando que, sen deixar de investir, a Deputación mantén as súas contas saneadas e equilibradas
– Díaz Valiño defende que “a maior mancomunidade da provincia é a Deputación xa que en 4 anos construíu unha sólida estrutura de cooperación municipal mentres que anteriormente, co PP á fronte, só dispoñía dun raquítico servizo de asistencia xurídica”
O Pleno da Deputación aprobou, co voto en contra do Partido Popular, instar á Xunta a non desmantelar a ensinanza pública e a priorizar o investimento en servizos sociais co obxectivo de poñer fin ó empobrecemento do ensino público e o desequilibrio territorial da Comunidade especialmente en Lugo, provincia situada no vagón de cola nesta materia en Galicia. Este acordo prodúcese logo de debater unha proposta que o Partido Socialista levou á sesión deste martes, dando conta dos recortes educativos levados a cabo polo Goberno galego na provincia. O último foi a reducción en máis dun 25% no número de docentes nos colexios. Porcentaxe que, en algúns casos, ascendeu ó 40%. E é que, só durante este ano, a Xunta pechou ademais en Lugo preto de 30 aulas e prescindiu dun número semellante de mestres.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que o Partido Popular deu probadas mostras das súas intencións coa ensinanza público ó suprimir o préstamo gratuíto dos libros de texto nada máis chegar ó Executivo autonómico. A isto engádese, subliñou, os recortes nos presupostos para gastos de funcionamento dos centros públicos. Proba disto, máis do 59% dos centros de primaria e o 75% dos de secundaria terán en 2012 menos cartos dos que tiñan en 2009. Nembargantes, ano tras ano, o numero de matriculados nos colexios públicos aumenta. “Máis alumnos, menos profesores e menos aulas: unha inexplicable fórmula que o PP defende porque o ve o ensino público como un gasto e non como un investimento. Está a provocar EDUCOFOBIA”, destacou.
Desequilibrio no reparto de fondos
Manuel Martínez denunciou ademais, o desequilibrio no reparto das axudas en materia educativa, situando a Lugo, en todos os casos, en último lugar. Por exemplo, a provincia contou co 15% dos fondos de Abalar, proxecto que en Galicia beneficiou o 47% dos centros de primaria privados fronte ó 20% dos públicos. O Plan de Seccións Bilingüe deixou na provincia lucense o 11% das axudas, fronte ó 34% na Coruña e Pontevedra. Da mesma forma, Lugo só contou co 9% dos fondos do proxecto de Centros Plurilingües.
Visto e prace ás contas
O Pleno aprobou a conta xeral da Deputación de 2010 para, a continuación, poñelo a disposición do Tribunal de Contas tal e como rixe a lei. A documentación que se presentou á sesión estivo primeiro a exposición pública para un maior coñecemento de todos os grupos políticos e non recibiu alegacións por parte de ningún partido. Nembargante, o PP abstívose na votación. Os informes presentado na sesión inclúen toda a actividade orzamentaria da institución luguesa durante o ano pasado, reflexando que, sen deixar de investir, a Deputación mantén as súas contas saneadas e equilibradas por varios motivos:
1.- O Orzamento de 2010 ascendeu a 114 millóns de euros. Isto permitiu poñer en marcha o Plan Extraordinario de Obra Pública que levou actuacións a todos os municipios lucenses por un valor total de 60 millóns de euros, mantendo centos de postos de traballo; liquidar grandes débedas históricas na provincia como a do canon hidroeléctrico mediante o investimento de 11 millóns de euros en obras acordadas cos 16 Alcaldes dos Concellos afectados; ou poñer fin á discriminación que sufría Lugo, a única provincia galega que non contaba con servizo contraincendios, coa construción e dotación de 5 novos parques de bombeiros grazas á creación en 2008 do Consorcio Provincial, organismo financiado ó 50% por Deputación e Xunta; ademais de executar as primeiras partes de 3 proxectos europeos, (Lug02, Innova-TE e Pacto Provincial polo Emprego) dotados de 17 millóns de euros.
2.-Priorizando o gasto xusto e útil, o organismo provincial amortizou 10 millóns de euros, reducindo a súa débeda nun 14%. Neste senso, sinalou que as contas da institución lucense se atopan por debaixo do nivel máximo do 75% de endebedamento que marca a Lei de Presupostos do Estado permitindo, se fixese falla, recorrer a novas operacións de crédito.
3.-Na liquidación do Orzamento, obsérvase que a Deputación tamén cumpre co principio de estabilidade orzamentaria ó situar as contas por debaixo do 5,53% dos ingresos non financieros que establece a normativa.
4.- A maiores, a Deputación segue á cabeza das administracións que menos tempo tarda en aboar as facturas ós proveedores, situándose este prazo en 33 días fronte ós 39 da Xunta. A este respecto, Manuel Martínez lembrou que a implantación da factura electrónica grazas ó Innova-TE, permitirá rebaixar aínda máis deste prazo, situándoo en 25 días.
Froito da boa xestión e como resultado dunhas contas saneadas e equilibradas, a Deputación comezará a devolver ó Estado en xaneiro a cantidade correspondente á liquidación do 2009, un total de 22.263.435 euros. Deste xeito, a partires de dito mes e durante 5 anos, a institución pagará ó Goberno Central 371.057 euros.
A Deputación, “a maior mancomunidade da provincia”
O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta relativa á adopción de medidas para favorecer a actuación conxunta dos Concellos. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, defendeu que “apoiamos esta medida porque estivemos, estamos e estaremos colaborando con todos os municipios da provincia, cos que estén mancomunados e cos que non. Ademais, fíxense, a Deputación é a maior mancomunidade da provincia. Dende a institución respetamos a autonomía municipal e as decisións que se adoptan dende os Concellos sobre todo aquelas que redunden na reducción do gasto improdutivo.
Díaz Valiño subliñou ademais que “a ninguén se lles escapa que a Deputación leva 4 anos colaborando con Concellos, logrando construír unha sólida estrutura de Cooperación municipal. Alegrámonos que o PP se acorde por fin dos Concellos pero danos a sensación que este partido non estivo aquí no pasado mandato, momento no que, por 1º vez na historia desta institución, se creou a Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos que, por certo, é a verdadeira competencia que lle dá a Constitución á institución provincial. Non sabemos en que pensaba o Partido Popular cando gobernaba na Deputación xa que o único que fixo foi unha asistencia xurídica raquítica. Non se elaboraban informes, dictames nin sequera había atención telefónica. Nós, dende o ano 2007, traballamos de forma definida na cooperación. Deste xeito, o 1º compromiso do Presidente é a ratificación como prioridade máxima na acción política da Deputación a cooperación cos Concellos. Algunhas das medidas postas en marcha en este sentido foron a aprobación do regulamento de Cooperación cos Concellos, a mellora do servizo de Recadación para unha maior tesourería nos municipios; a ampliación da asistencia xurídica; o inicio do asesoramento en Recursos Humanos; a posta en marcha dun Plan de Pequenas Infraestruturas; a celebración dos encontros cos Concellos, este ano celebraremos o 3º, que supuxo un novo avance na relación institucional e no intercambio de experiencias; aumento na cooperación en materia de tribunais….o Lugo Emprega, o Consorcio de Bombeiros, etc. Por todo elo, estamos de acordo con esta proposta malia que deberiamos facer unha modificación: a Deputación continuará dotando ós Concellos e non dotará”.
SUPLUSA
O Pleno aprobou por unanimidade os Plans Especiais para a creación de solo industrial en Triacastela e Trabada. Ambos os dous Concellos continuarán agora coa tramitación destas iniciativas que deberán ser agora aprobadas polas entidades locais para, finalmente, a Xunta de Galicia lles conceda o visto e prace definitivo. A continuación, a Deputación, a través da Sociedade Urbanística Provincial –SUPLUSA- poderá iniciar as obras das 2 áreas industriais. A de Triacastela contará con 31.300 metros cadrados e a de Trabada con 40.000 metros cadrados.
Ó respecto de SUPLUSA, hoxe tamén se celebrou o Consello de Administración de dito organismo dependente da institución provincial no que se aprobaron os nomeamentos dos novos representantes deste órgano. Estes son: Pilar García Porto, Deputada de Economía, Recadación e Facenda; Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables; Miguel Ángel Soutela Vega, actualmente Deputado de Goberno Interior logo de estar ó cargo do departamento de Urbanismo no anterior mandato; Juan José Díaz Valiño, Deputado de Cooperación cos Concellos; Mario Outeiro, Deputado de Cultura e Turismo; Antonio Veiga, Vicepresidente 1º da institución; e os Deputados provinciais, Jesús Carreira e José Gómez Puente.
O Consello, que está composto por membros do PSOE, PP e BNG, así como polo propio Presidente da Deputación, un Secretario, Xerente, Tesoureiro, Interventor e Director Técnico, é o órgano de dirección responsable último das iniciativas impulsadas por SUPLUSA. Entre os seus principais cometidos atópase a aprobación do orzamento da Sociedade para 2012, a posta en marcha das obras de construción das 12 primeiras residencias con centros de día na provincia, a creación de máis solo industrial en Lugo ou o desenvolvemento do proxecto de PACADAR, permitindo situar na área industrial de Monforte de Lemos a nova factoría desta entidade de prefabricados de formigón e crear máis de 100 postos de emprego nesta Comarca.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



