Nota de prensa
Delegación de Medio Rural
Destacando o debate producido en torno ao uso das pistas forestais polos maderistas para a saca e corta do aproveitamento madereiro
A MESA LOCAL DO SECTOR DA MADEIRA REUNÍUSE NO DÍA DE ONTE PARA TRATAR DISTINTOS TEMAS DE INTERESE
Asistiron todos os membros
Acordouse modificar a ordenanza de camiños a fin de esixir licenza municipal para a corta e saca da madeira por vías municipais.
Acordouse unha posterior xuntanza cun representante dos propietarios e un dos maderistas a fin da creación de distintos puntos de saca ao longo do concello.
Os maderístas poderán utilizar os sobrantes das carreteras autonómicas como puntos de saca previa comunicación e có compromiso de deixalos limpos
Lourenzá, 15 de decembro do 2011- Na tarde noite do día de onte, celebrouse unha reunión da Mesa Local do Sector da Madeira, coa asistencia de todos os seus membros:
– Presidente: D. Vidal Martinez-Sierra López (Alcalde)
– Secretaria: Dona Mª Emma Alvarez Chao (Concelleira med. Rural)
– Vogais: D. Alfredo Rodríguez Álvarez (propietarios)
D. Eugenio Pedreira Amieiro (rematantes e maderistas)
D. José Seivane Navia (aserradoiros)
D. José Antonio Seivane Gonzalez (talleres de carpintería)
D. Angel Hermida Lage (industria)
D. Francisco Hermida Seivane (moblería)
O punto da orde do día no que máis se centrou o debate foi no referente ao uso das pistas forestais de titularidade municipal por parte dos maderistas e rematantes a fin de proceder a corta e saca dos aproveitamentos madereiros dos distintos particulares.
Neste senso recordouse o convenio asinado coa “Asociación Provincial de Empresarios de la 1ª transformación de la madera” no tocante a necesidade de que o comprador comunique no concello, antes de iniciar o aproveitamento, que este se vai a facer presentando unha copia do permiso de corta, a fin de revisar o estado das pistas e que ao remate dos traballos se proceda a reparación dos posibles danos que nestas pistas se puideran ocasionar.
Sengún indicou a Edil, “o motivo de trasladar o recordatorio deste convenio aos Membros da mesa ven motivado por algunhas sacas de madeira que se produciron ou se poden estar producindo no concello sen ningún tipo de notificación”. “Despois aparecen danos nas pistas, e non sabemos a quen reclamalos” engadíu.
Neste senso, cremos que é moi importante sacar a madeira dos montes como xeradora de rendas nun momento tan delicado como o que estamos atravesando, pero tamén é importante a conservación das mesmas para que estas poidan ser utilizadas por usuarios posteriores.
Acordouse pedir a “Asociación” que recorde aos seus asociados o convenio vixente e modificar a ordenanza de camiños a fin de esixir licenza para a corta e extracción de madeira por medio de pistas municipais.
Noutro orden de cousas estudouse a creación de puntos de sacas para utilizar como deposito por parte de maderistas e rematantes en distintos puntos do concello. A este fin, reunirase un representante do concello con un representante dos maderistas e rematantes e outro dos propietarios a fin de concretar as zonas.
Tamén se comunicou aos membros da mesa as xestións levadas a cabo perante Demarcación de Carreteras para que poidan utilizar os sobrantes das carreteras autonómicas como puntos de saca, sempre baixo comunicación e có compromiso de deixalas limpas ao remate do uso.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



