Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA FIXO BALANCE DO PRIMEIRO MEDIO ANO DE MANDATO, NO QUE SE INICIARON PROXECTOS E SE DESBLOQUEARON OUTROS. O ALCALDE CONSIDERA QUE O PXOM “ESTABA ALGO PARADO E BOTOU A ANDAR A BÓ RITMO” E ASEGURA QUE “TOMAR CERTAS DECISIÓNS EN FUNCIÓN DA SITUACIÓN ECONÓMICA NON É DO AGRADO DE NINGUÉN”.
Burela, 5 de xaneiro de 2012. O equipo de goberno burelés, encabezado polo alcalde, o popular José María González Barcia, compareceu hoxe en rolda de prensa para facer un resumo do primeiro medio ano de goberno popular logo das eleccións municipais de maio de 2011 e da súa toma de posesión o día 13 de xuño. Para Barcia, o resume é claro “houbo inicio de proxectos, e desbloqueo de outros, pero tamén pelexa por outros mais que consideramos importantes, sen esquecer que tomar certas decisións en función da situación económica herdada non é do agrado de ninguén”.
O alcalde burelés considera moi positivos os desbloqueos a certos proxectos que estaban pouco menos que paralizados, “o PXOM estaba prácticamente quieto, e neste medio ano déuselle un bon empuxón, botou a andar a bo ritmo, con reunións coa Xunta e con Estradas do Estado, para poder ir a unha aprobación inicial canto antes”.
Sobre este asunto, González Barcia indicou que “non estamos para nada de acordo co trazado definitivo do corredor Barreiros-San Cibrao fixado polo Ministerio de Fomento de José Blanco, porque non contempla as alegacións feitas no sei día polo Concello, de feito estamos vendo as posibilidades legais de poder evitar tal aprobación definitiva, pero a día de hoxe só nos queda reflexalo no Plano Xeral de Ordenación Municipal”.
A xuizo de Barcia, tamén se iniciaron outros proxectos que poden ser moi importantes para Burela, “que a Consellería de Sanidade solicitase oficialmente disposición de solo ao Concello para unha futura ampliación do Hospital da Costa foi unha boa noticia e nese senso en próximas datas pode haber máis noticias”.
Edar e parque eólico singular
O alcalde de Burela engadiu que “ademais comenzamos a traballar na ampliación da EDAR actual ou na construcción doutra nova. Este asunto é de enorme importancia, porque pode garantir o saneamento de Burela para un futuro moi amplo; e aínda que esta obra sabemos que non é doada nin se vai conseguir en dous días, estamos xa a traballar para poder facela realidade”.
Outro proxecto retomado polo equipo de Barcia é o do parque eólico singular, “paralizado polo bipartito. Sabemos que é moi complexo poder concretalo, pero estamos intentándoo”. O equipo de González Barcia tamén salientou que Portos de Galicia está a traballar sobre a remodelación da dársena interior do porto burelés, “o que pode favorecer a ampliación do número de atraques”.
O alcalde de Burela, José María González Barcia, non se puxo de perfil ante cuestións que preocupan aos cidadáns e manifestou que non perde de vista o acceso ao porto, “sabemos que é imprescindible para Burela, sabemos que é prioritario para a Xunta, e polo tanto pelexaremos para que sexa realidade canto antes”.
Servizos sociais
Ademais, o rexedor burelés destacou “o mantemento de todos os servizos sociais que estaban funcionando; se alguén pensaba que iamos desmantelar servizos básicos, estaba equivocado. Tamén se mantén e mesmo se amplía a oferta que o Concello fai para que os centros de primaria teñan abertas as portas pola tarde, e ampliamos a oferta educativa da Escola Municipal de Música”.
Noutro ourde de cousas, González Barcia manifestou sentirse satisfeito coa apertura dunha nova zona de aparcamento gratuito, e aseguro que “se abrirán máis, pero os cartos son os que son e non podemos ir máis rápido”. Ademais, “a xente percibe que desde o Concello se actúa con máis celeridade, o que repercute no conxunto dos cidadáns”.
En materia de deporte, o alcalde remitiuse ás súas declaracións destes días, “se non se pode comprometer, pois non nos comprometemos, pero quero recordar que desde o Concello mantemos as escolas deportivas municipais, e aportamos aproximadamente setenta e cinco mil euros para actividades e mantemento de instalacións”.
Tampouco se puxo Barcia de perfil sobre os recortes, “a situación económica herdada é moi grave; e houbo que adoptar medidas, porque os cidadáns non queren que se hipoteca a economía municipal porque eso significa hipotecar a economía de todos. E tomamos medidas sen que nos temblase a man. Tan mal non o debimos facer, cando Concellos de todos, absolutamente de todas as cores políticas, están adoptando medidas similares ás nosas: Ribadeo, Monterroso, Cervo, etc. De todos os xeitos imos procurar que as medidas adoptadas duren o menor tempo posible”.
González Barcia rematou a súa comparecencia dicindo que “queda moito traballo por facer, e desde logo o que non nos faltan son ganas de traballar. Os cidadáns poden estar convencidos de que imos seguir traballando e loitando pola millora da calidade de vida dos cidadáns deste concello, tendo en conta que a situación é a que é”.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



