MARIÑAN ILUSTRE
Elías Rodríguez Varela é un mariñán, nado de familia humilde, en Trabada. Xa de rapaz na escola de don Celso Currás, o seu inesquecible mestre, despuntaba pola intelixencia e dotes persoais. Moi xove marchou a Madrid, co obxetivo de “abrirse camiño na vida”, pero sen endexamais esquecer o seu curruncho natal, a súa familia e os seus amigos, actitude de agarimo e gratitude que mantén inalterable.
De contado e, en boa parte debido á súa voz portentosa, introdúcese na radio, compartindo micrófono con grandes do medio, coma Luis del Olmo; chegou logo ó mundo da publicidade, como empresario, creando a marca Estudios Abaira, nome do seu barrio trabadés, da que é presidente, así como doutras empresas, non só do eido da comunicación.
Elías é persoa entrañable, servicial, altruista, sempre disposto a botar unha man para axudar á súa terra. Os seus veciños nomeárono Fillo Predilecto. Este cronista podería contar inacabables episodios da súa vida que o confirman como apaixoado amante do seu pobo, fiel á súa terra e os seus amigos. E como mostra, veleiquí un botón: a Banda de música de Foz, nos seis primeiros anos da década, baixo a dirección do seu creador, Arcadio Mon, ó celebrar a Santa Cilla, rendíu homenaxe ós vellos músicos que, durante décadas, nutriron bandas e orquestras da comarca: Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá, Alfoz-Valadouro, Trabada e Viveiro.

Grupo de xornalistas no miradoiro focego do Pico da Lebre. De esquerda a dereita: Daniel Hortas, Suso Fernández, Luís Mariñas, Elías Rodríguez, o chofer, Ramón Pernas e o ribadense Pancho Ledo.
Actos de lembranza nos que alguen do lugar contaba a historia musical do mesmo, coa presencia dalgún supervivente que logo, co público asistente, tiña lugar un coloquio, sempre moi animado..
Foi o ano 2003 que correspondeo a homenaxe ós músicos de Trabada, da histórica Banda de Vidal. Chamamos a Elías para pedirlle a súa participación. Ó momento aceptou, prometendo estar ese día en Foz. Publicitouse o evento, coa presencia de Elías; pero ós poucos días nunha nova chamada anúncia que, sentindoo moito, elle imposible acudir. Unha cita en Madrid, moi importante, ineludible, o impedía.
Fixémoslle ver a decepcion dos organizadores e, tras breve conversa, díxonos : “vou a queimar o derradeiro cartucho para resolvelo”. Non pasaran 48 horas cando nos informaba de que a xestión dera resultado.¿Qué pasara?
Que xa comprometido còs focegos, recibe unha citación do que era Director Xeral para Europa da multinacional Walt Disney, coa que Elías mantiña relacións profesionais, para xuntarse con él o mesmo día de Foz. O americano pensaba voar N.York – Londres – Madrid e Lisboa.. Como o trabadés tiña amizade persoal con él chamouno para pedirlle que mudara o orde dos dous últimos quedando a viaxe así: N. York- Londres-Lisboa-Madrid, porque deste xeito veríanse na capital de España, ó día seguinte do acto de Foz.Cando ó remate deste nos retiramos eran preto das dúas da madrugada i él tiña que saír para Madrid ás catro para estar, como estivo, ás once no seu despacho de Estudios Abaira para atender a visita. . .É fácil comprender os trastornos que lle causou aquel desprazamento á costa, feito que á organización- a Banda de Foz- non lle custou un euro. Coido que iste relato afórranos calquera outro encomio da personalidade de Elías Rodríguez, quen, en distintas ocasións, foi galardonado coa Antena de Ouro da Radio e a TV; como Cabaleiro da Orde da Vieira e do Camiño de Santiago, así como Madrigalego de Ouro e coa Medalla de Prata de Galicia. A Academia da Radio recoñeceuno como Mellor Voz Radiofónica de España e agora mesmo co Victoriano Reinoso, premio concedido á traxectoria empresarial, que otorga a AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) que lle será entregado o día 2 do vindeiro mes de febreiro.
Alédanos dar conta dos éxitos de tan ilustre mariñán, do que cabe suliñar a súa proverbial modestia,:que endexamais o abandonou, a quen nos une unha vella amizade, dende os primeiros anos da nosa xuventude – somos dunha quinta – cando o ilustre trabadés acudía a Foz, como vocalista da orquestra “Siboney” para actuar na pista Bahía, da que eran donos O Xuez e María de Botes, os meus pais.
Suso Fernández


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



