A Deputación esíxelle á Xunta, co voto en contra do PP, manter a gratuidade e a universalidade da sanidade pública, evitando o repago
– Logo de que a Xunta non puxese en marcha medias para paliar os danos do ano máis seco de Galicia, a proposta do Goberno Provincial, PSOE, BNG e PP demándanlle un plan de acción urxente
– A institución anula unha operación de crédito de 4,5 millóns de euros con remanentes do ano pasado, acadando o endebedamento financeiro cero no 2012 e sendo a 3º Deputación máis saneada en España
– O Executivo lugués resolveu, tras 3 anos de bloqueo, o proceso de retirada de títulos a Franco, á Falangue e a Pilar Primo de Rivera malia contar, unha vez máis, coa abstención do Partido Popular
O Pleno aprobou este martes, co voto en contra do Partido Popular, unha proposta do equipo de Goberno Provincial (PSOE e BNG) mediante a cal a Deputación de Lugo esíxelle á Xunta que manteña a gratuidade e universalidade da sanidade pública, evitando o repago. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, salientou que esta iniciativa lévase á sesión logo de que o Presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, plantexase que os cidadáns paguen máis para reducir o custe farmacéutico, poñendo como exemplo Portugal onde se aboan 20 euros polo servizo de urxencias; e despois de que a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, apoiase medidas como o incrementou do custe dos medicamentos coa taxa dun euro por receta que aplica Cataluña.
Díaz Valiño remarcou que “a día de hoxe, todos os españois, agás os pensionistas, pagan o 40% das medicinas. O sistema sanitario necesita dunha reforma para fortalecelo e non para debilitalo mediante o copago ou repago, que só impediría o acceso á sanidade a enfermos, pensionistas…., en definitiva, ós máis desfavorecidos, dando paso á privatización. En 2011, durante o debate do Estado da Autonomía, o PP votou en contra deste sistema. Nembargantes, este ano, cambiaron a súa postura, ó non apoiar unha proposta do PSdeG a este respecto. Para gañar credibilidade e garantir ós cidadáns o Estado de Benestar é preciso a unidade da Corporación Provincial entorno á sanidade. É un acto de responsabilidade”. O Partido Popular non apoiou esta proposta e defendeu o cofinanciamento do sistema.
Hospitais lucenses
Con esta proposta, o equipo de Goberno Provincial demanda, ademais, ó Executivo autonómico que especifique as medidas previstas para xestionar dun xeito responsable o sistema sanitario, así como a posta en marcha dun plan de acción específico que mellore as deficiencias nos hospitais de Lugo. A Xunta recortou en 500 millóns de euros o orzamento sanitario, acadando 300.000 galegos en listas de espera. No caso da provincia luguesa, o hospital da Costa, en Burela, é o 2º de Galicia que rexistra as maiores listas de espera en ciruxía. No Lucus Augusti non se implantaron os servizos de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear pese o seu anuncio. En Monforte de Lemos, continúa en paradeiro desaparecido o mamógrafo presentado polo PP e sen funcionar a UCI, mentres se perderon especialistas en Patoloxía e Traumatoloxía, compártense os de Radioloxía e os de Oftalmoloxía e Anestesia son insuficientes. Díaz Valiño subliñou que “non é de recibo que Feijóo siga enganando ós galegos e ós lucenses cando vén de gastar preto de dous millóns de euros nunha campaña publicitaria relativa ó uso dos xenéricos, a mesma cantidade co que se poderían construír catro centros de saúde dos 19 que o Presidente prometeu ó inicio do mandato e dos que só se licitaron e adxudicaron dous”.
Axudas para combater a seca
O organismo provincial tamén demanda ó Goberno galego a posta en marcha de medidas que combatan os efectos da seca na agricultura, gandeiría e vitivicultura, así como o deseño dun plan de acción coordinado co Goberno de España para minimizar o forte impacto económico que supón a escaseza de auga. Neste caso, a proposta do equipo de Goberno Provincial si contou o respaldo do Partido Popular, acadando a unanimidade. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que, malia ser este “o ano máis seco da historia de Galicia, a Xunta non presentou ningunha iniciativa nova, limitándose, exclusivamente, a anunciar o adianto das axudas da PAC que, por dereito, os gandeiros cobran todos os anos. O único plan contra a seca do Goberno galego é preocuparse por esperar a que choiva”. As peticións da Corporación Provincial ó Executivo autonómico uniranse, deste xeito, ás xa realizadas por Unións Agrarias, Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores, que pasan pola condonación de pagos á Seguridade Social, cambios no sistema fiscal ou créditos ICO con intereses baixos para alimentación ou infraestruturas.
Entre decembro e febreiro, na Comunidade non choveu nin o 30% do acostumado, obrigando ós produtores a destinar a maior parte dos seus ingresos á adquisición doutro tipo de alimentos que cubran a ausencia de forraxe. Por exemplo, o prezo do pienso experimentou unha suba dun 40% dende o mes xaneiro; a palla aumentou o seu custe nun cuarto de céntimo dende primeiros de ano; a alfalfa case se duplicou; e o millo subiu un 10%. Este sobrecuste supón, no caso das explotacións lácteas, un incremento de 5 céntimos por litro, de tal xeito que unha granxa cunha cota media de 200.000 quilos vese na obriga de desembolsar 10.000 euros máis ó ano. Outro dos gastos ó que deben facer fronte os gandeiros debido á situación climatolóxica é á suba dos fertilizantes, que aumentaron nun 20%. Un alto porcentaxe destes profesionais que xa abonaron as súas terras perderán o efecto dos abonos por mor da seca, o que provocará, segundo estima Unións Agrarias, perdas de 2,6 millóns de euros para as preto de 18.000 granxas luguesas que albergan case 300.000 cabezas de gando. Así mesmo, outros custos de produción que se ven afectados son os do gasoil, que sube un 42%, e a electricidade, un 26%.
Anulación de crédito
A sesión aprobou, coa abstención dos populares, a modificación do Orzamento para 2012, anulando unha operación de crédito de 4,5 millóns que se substitúen por remanentes de Tesourería, acadados o ano pasado e constatados agora logo de finalizar este exercicio. Este investimento corresponde: ó POS 2012 (1.781.983,11 euros) e parte do Proxecto de Conservación Integral da Rede Viaria Provincial (2.718.016,89 euros). A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, subliñou que esta decisión ten tres efectos positivos: “acadamos o endebedamento financeiro cero en 2012, reducimos a débeda financeira da institución, manténdoa por debaixo do 75% sobre os dereitos recoñecidos, e mantemos o principio de estabilidade no Orzamento de 2012”. Por todo elo, García Porto sentenciou que “somos previsores, realizamos unha xestión eficiente dos recursos, racionalizamos o gasto e mantemos unha situación saneada. De feito, somos a 3ª Deputación máis saneada de España, despois das de Cidade Real e Soria, segundo os datos do Ministerio de Facenda correspondentes a 2010 -os últimos que hai-, que figuran na súa páxina web oficial”.
Franco sen títulos
O Goberno Provincial logrou finalmente retirar os títulos da Provincia a Franco, á Falange e a Pilar Primo de Rivera malia contar, unha vez máis, coa abstención do Partido Popular na votación da resolución deste expediente, levada ó Pleno de hoxe. A modificación do Regulamento de Honras e Distincións da Deputación acordada en xaneiro a proposta do Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e mediante a cal se establece que unha maioría é suficiente para despoxar de honras en substitución da unanimidade, fixo posible e que o Executivo lucense rematase cun proceso que iniciaba no 2009 e que estivo bloqueado durante 3 anos debido á falta de apoio do PP. Gómez Besteiro salientou que “os principais obxectivos desta retirada é lembrar e dignificar ás vítimas da Guerra Civil e da ditadura. As feridas existen, non as reabrimos e, sacalas á luz, é o único que pode facelas cicatrizar. Este proceso, que non supuxo custe algún para a institución, é un acto de xustiza cos lugueses desaparecidos que debería superar calquera diferencia política que poda existir entre os partidos representados nesta Corporación Provincial”.
Franco xa non é Presidente de Honra da Deputación e non conta coa Medalla de Ouro da Provincia, distincións que lle foron concedidas en 1944 e 1958, respectivamente. Da mesma forma, á Sección Feminina e á Fronte de Xuventudes da Falange, ó igual que a Pilar Primo de Rivera tamén lles foron retiradas ás súas Medallas de Ouro.
Este proceso arrancaba no 2009, coincidindo coa entrada en vigor da Lei de Memoria Histórica e contou sempre coa abstención do Partido Popular lugués. Deste xeito, hai 3 anos, os populares abstivéronse na votación ó respecto do inicio deste proceso administrativo, feito que non impediu que continuase a súa tramitación. No Pleno de decembro de 2011, o PP mantivo a mesma postura impedindo, agora si, a súa resolución debido a que, segundo dictada o artigo 15.1 do Regulamento de Honras e Distincións da Deputación, era necesario contar coa unanimidade da Corporación Provincial. Ante esta situación, o Presidente viuse na obriga de estudar esta normativa para atopar alternativas legais que permitisen, dunha vez por todas, a retirada de honras da provincia ó dictador, así como á seccións ou representantes do franquismo, co obxectivo de rematar con calquera vestixio dun réxime que deixou na provincia a unhas 5.000 víctimas.
Remitida:























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



