A OCUPACIÓN HOTELEIRA DURANTE A SEMANA SANTA SITUÓUSE EN BURELA ENTRE O 70 E O 80%. A CONCELLEIRA DE TURISMO FAI UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DESTES DATOS.
Burela, 10 de abril de 2012. A ocupación hoteleira en Burela durante a semana santa situóuse entre o 70 e o 80%, segundo os datos ofrecidos esta mañá pola concelleira de Turismo, Mónica Pedre.
A edil popular asegurou estar satisfeita, “consideramos que este nivel de ocupación rexistrado nos días fortes da semana santa, é dicir xoves, venres e sábado, indica que a hostelería de Burela pisa forte”. Mónica Pedre subliñou que “nos últimos anos se aumentou de xeito considerable a oferta hoteleira na nosa vila e iso está a contribuir nos datos positivos que estamos a rexistrar. O sector da restauración tamén acadou resultados importantes estes días. Falamos con moitos empresarios e comentáronnos que foi a mellor semana do último ano”.
O porto pesqueiro, o paseo marítimo ata a praia da Marosa ou o Monte Castelo foron algunhas das zonas máis visitadas ao longo da semana santa polos turistas que se achegaron a Burela.
A concelleira de Turismo tamén se referiu ás procesións, “algunha quedou un pouco deslucida pola chuvia e houbo que suspender tamén algunha máis, pero en liñas xerais os organizadores da semana santa quedaron satisfeitos”. Tamén é positivo o balance sobre o Aversion Fest. Mónica Pedre dixo que “todos quedamos bastante contentos e tanto os organizadores do Aversion Fest coma os da semana santa xa se están a traballar nos programas do vindeiro ano 2013”.




















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



