Comeza no CENTRAD un novo curso de artesanía para adultos
– O Centro de Artesanía e Deseño acolle dende hoxe e ata o 13 de maio un curso de fabricación de torques coas 7 prazas dispoñibles cubertas
– Os cursos de encaixe de palillos e cestaría de vimbio comezarán o 30 de abril e 8 de maio, respectivamente, coa cota de prazas tamén cuberta
A Deputación vén de poñer en marcha este sábado un novo curso da programación de primavera do Centro de Artesanía e Deseño. Trátase de “Fabricación de pezas. Torques”. Ata o vindeiro 13 de maio, as sete persoas que cubren a totalidade das prazas dispoñibles para esta acción formativa, aprenderán as técnicas de elaboración desta peza tan representativa da cultura castrexa e que pervive coma complemento de moda nos nosos días. A institución provincial continúa potenciando así un sector que conxuga tradición e modernidade, sendo unha oportunidade económica de primeiro nivel.
O curso desenvolverase nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño os sábados de 16:00 a 21:00 horas e os domingos de 9:00 a 14:00 horas, e os alumnos aprenderán técnicas de fabricación de pezas en metal, así coma algo da historia da ourivería. O encargado de compartir os seus coñecementos cos participantes será Adolfo Domínguez, recoñecido ourive lucense con obradoiro propio.
A tempada de primavera do CENTRAD conta con dous cursos máis que se celebrarán nas instalacións do Centro na Travesía da Rúa Chantada da capital lucenses. Son “Encaixe de palillos” e “Iniciación á cestaría”. O primeiro deles terá lugar os luns, mércores e venres do 30 de abril ó 25 de maio, de 9:30 a 13:30 horas, coas oito prazas cubertas, ó igual que as dez do curso de cestaría de vimbio, entre o 8 e 15 de maio, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Remitido






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



