EL PADRINO IV, PRÓXIMO ESTREO EN FOZ.
Xa sabíamos que a elocuencia do Sr. D. Rivera non tiña límites, pero vendo
as últimas noticias aparecidas nos medios, xa chegan a pedir que se retire
dunha vez ou deixe tranquilos aos cidadáns de Foz.
Agora toca ameazas en plan mafioso pueblerino (“si alguien del partido
negocia con Unifoz, que tenga cuidado. El Progreso 11/05/2012), non hai máis
cabeza. Supoño que os da Executiva Provincial de Lugo lles encantaría.
Aínda que, non son peores que el? Quen permitiu o desmembramento do Psoe
Local de Foz, quen fixo tal desfeita na provincia, que estamos como estamos?
Hai que seguir aguantando a estes individuos ególatras, zizañentos, cheos
de medallas autoimpostas eternamente? Estes que defenden aos “da funda” e
non traballan nin un mes seguido desde que perden a poltrona ?
De quen é culpa de que hoxe non haxa un goberno de esquerdas no Concello de
Foz? O mesmo, si, D. Pepito Rivera. Me vou, non me vou, lío, non lío, me
colocan, non me colocan…..
Espero e desexo que a nova executiva provincial limpe esta insana e
malintencionadas persoas que tanto dano están a facer co seu rancio apego ao
que xa non volverán a ser.
Incluídos os que perdendo e cacicando no Psoe van de posto en posto sin que
ninguén tome medidas. Así vamos, que os mesmos que non recoñecen erros,
siguen manexando e manipulando o partido en Foz e na provincia.
A.L.S.