A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE CAMBIOU OS CONTEDORES DE RECOLLIDA DO ACEITE VEXETAL. AGORA OS RIBADENSES PODERÁN DEPOSITALO DIRECTAMENTE EN BOTELLAS.
Ribadeo, 21 de maio de 2012. A Delegación de Medio Ambiente procedeu a cambiar os contedores de recollida do aceite vexetal. Segundo explica Horacio Cupeiro “agora poderemos depositar ese aceite de fritura directamente nas botellas nas que o recollamos. Antes había que ir coa botella e vaciala e agora esa operación non será necesaria porque, insisto, poderemos deixar a botella directamente neses contedores”.
Ditos contedores están ubicados en Vilaframil, nas inmediacións do hipermercado Eroski, preto da vella oficina de turismo, e nas proximidades da praza de abastos. Cupeiro subliñou que “agora na praza hai dous contedores de recollida do aceite vexetal, porque éste é o punto no que máis se depositaba, de aí que decidísemos colocar un recipiente máis”.
Compostaxe
O edil nacionalista lembrou que o vindeiro sábado, 26 de maio, ás 18 horas na Casa do Mar terá lugar unha conferencia sobre compostaxe doméstica. As persoas que asistirán son as que demandaron algún dos 50 composteiros que repartirá o Concello de Ribadeo.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



