Ao redor de 40 nenos do CEIP Santa María da Fonsagrada visitaron hoxe as instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo, achegándose así ao mundo do mar e da náutica deportiva. O persoal do RCNR mostroulles un bote de vela latina e despois puideron subirse a un veleiro. O armador e o persoal do Real Club Náutico de Ribadeo déronlles a coñecer as diferentes partes da embarcación, ademais de achegalos á terminoloxía náutica. Os nenos do CEIP Santa María da Fonsagrada, pasaron unha xornada moi agradable nas instalacións do RCNR. O seu presidente, Mario Coto, achegouse a saudar aos pequenos, ademais das cinco profesoras e á directora do centro, que lles acompañaron nesta viaxe.
